25/11/08

Can de palleiro


É o can de granxa típico que existiu desde sempre en Galicia. Recibe o nome de Can de Palleiro en alusión ó palleiro onde adoitaba durmir.

Este animal é de tipo lupoide (lupus: lobo), de tamaño medio,de proporcións harmónicas e de constitución forte. As femias son algo máis baixas, de aspecto máis lixeiro.

A pesar de presentar unha osamenta forte non dá unha sensación de pesadez xa que os seus movementos son rápidos e de boa musculación.

É un can pastor e de garda, polivalente, pois tanto vai coas vacas arreándoas e gardándoas como tamén coida da casa.

Presenta un carácter forte e reservado cos estraños, sendo ademais valente e traballador, características que o fan un gran colaborador na condución e garda do gando.

Cunha gran fidelidade para co seu amo, coa xente da casa tórnase dóce e tranquilo. É necesario destacar a estabilidade psíquica e equilibrada deste animal, propio dun can pastor.

Le+/ Le+/ Le+/

Visita a exposición que lle adicaron os Ilustradores Galegos.

Aproveitando toda a información elabora unha entrada para o caderno dixital sobre o tema do can de palleiro.
Ten en conta que este traballiño é nota de avaliación, así que faino con calma e o mellor que poidas.
Data de publicación: ata o 30 de Novembro.

2 comentarios:

Blogger 1ºieselvina dixo...

faremos o traballo o antes que poidamos. Perdoa


Rosalía Miriam e Lucia

21/11/08, 12:44  
Blogger 1ºieselvina dixo...

O que máis gustoume foi a exposición.

Perdoa

Isabel

22/11/08, 19:46  

Publicar un comentario

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio