MULLERES:Olimpia Valencia López
(Baltar (Ourense), 1898- Vigo, 1987)
Era xinecóloga ourensá; a súa vida presenta un caso singular e significativo á vez da incorporación da muller ao eido académico e profesional no primeiro terzo do século XX en España, avance interrompido polo alzamento militar do 36.
No ano 1918 iniciou os seus estudos de medicina obtendo o grao de licenciada en medicina e ciruxía no ano 1925. Trasladouse entón a Madrid, onde se especializou en xinecoloxía.
En Febreiro de 1928 volve a Vigo, chegando a ser unha profesional de recoñecido prestixio na cidade, a pesardos atrancos iniciais que tivo que superar pola súa condición de muller.
Acusada de pertencer ao Partido Galeguista e de ter trato con xente de esquerdas, en Febreiro de 1937 foi detida e estivo presa catro días. Os anos seguintes foron de gran dureza: acusada de `roja´, moitas persoas deixaron de ir a súa consulta.
A guerra e o franquismo fixeron que esta muller vivise retirada e centrada na vida familiar e na súa profesión. Olimpia seguiu a traballar con máis de 80 anos na súa consulta particular. Foi recoñecida sempre pola súa elegancia persoal, discreción e calidade humana.
Jessica e Sara

1 comentarios:
Que mal o debeu pasar. Cando a chamarón "roja" e por iso perdeu xente non é moi bonito que se diga.
Isabel
Publicar un comentario
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio