04/07/09

Coñecemos ao pintor Laxeiro


LAXEIRO naceu en 1908 en Lalín. O seu nome real era José Otero Abeledo.

A Laxeiro gustáballe fusionar nos seus cadros diferentes estilos e técnicas pictóricas.

Tamén era un espello da realidade galega do seu tempo, reflectida na paisaxe, na etnografía, costumes, festas, celebracións,...


Fai unha arte ligada a Galicia, inspirándose na paisaxe e nas tradicións galegas achegándose á escultura románica e tomando dela a textura, imitando a rugosidade da pedra ( o que lle chamamos ESTÉTICA DO GRANITO).


A pintura abstracta tamén é moi importante en Laxeiro. a cor ten unha grande importancia posto que introduce na arte galega unha nova gama cromática.


Etiquetas: ,

1 comentarios:

Blogger 1ºieselvina dixo...

Agora que o lin sei un pouco pero se non non sabria nada.

Isabel

04/07/09, 12:38  

Publicar un comentario

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio