O 20 de xullo de 1969, o primeiro ser humano puxo o pé na lúa.
Aquel fito histórico no que traballaron miles de persoas en todo o mundo tamén foi vítima das teorías conspiratorias. Nos días previos á efeméride, a NASA foi publicando diversas evidencias para 'volvernos convencer' de que si que se estivo no satélite natural da Terra. Así, a sonda LRO tirou fotos dos lugares onde permanecen intactos os restos das misións Apollo, grazas á estática climatoloxía lunar. As imaxes teñen pouca calidade, por non estar aínda o dispositivo na súa órbita definitiva.
Tamén se publicou a semana pasada os vídeos restaurados do primeiro paseo lunar. Infelizmente, a gravación orixinal, de alta resolución, perdeuse para sempre, o que podería dar lugar a novas especulacións.

Etiquetas: Mundo
1 comentarios:
A verdade é que por agora non se sabe se se foi ou non, aínda que dín que non se foi por varias cousas unha delas, porque por exeplo, a imaxe que publicaches vese bastante ven e segundo dín se a Lúa é solida non se pode quedar a sola tan marcada.
Miriam
Publicar un comentario
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio