28/11/08

HOMENAXE A OS BISAVÓS (outros tempos)

Crieime e medro cos vosos fillos
os que naceron con vós
danme cariño
e coidados
os que aprenderon con vós.


Traballaron moi escravos
din agora os meus avós
recordando aqueles tempos
pasando fatigas e penas
e criaban máis que dous.

Ao colexio pouco foron
pois tiñan que traballar

fora no monte na terra e tamén
ata no mar.

Din agora se aqueles anos
os tivérades que pasar
moito moitiño íbades a estudar.

Pois o profesor ensina
o que non saben os pais
e de aquela eran moi queridos
por calquera no lugar.

Estuda meniño estuda
que a algo chegarás
grazas avó grazas
pero sei que teño que aprender
máis que sumar e restar.

FEITO POR MIRIAM .

Etiquetas:

3 comentarios:

Blogger 1ºieselvina dixo...

Enoraboa, fixeches un traballo precioso.
Rosalía

12/12/08, 13:15  
Blogger 1ºieselvina dixo...

Está moi ben.

Isabel

15/12/08, 18:00  
Blogger 1ºieselvina dixo...

Encantameeeee! o que mais me gustou foi a última estrofa.
Mónica

22/03/09, 20:56  

Publicar un comentario

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio