21/08/09

Troyanas de novo!!!

Despois de tanto tempo vexo aínda agora este video.Un directo de cando fumos a actuar a Segóbriga.Estaba éu buscando cousas sobre o noso grupo cando de repente atopei isto espero que vos guste tanto ou máis que a mín ,emocioéime cando o vín. Por certo darvos moitas forzas para o ano que ven e se alguén quere animarvos para facer que o grupo sega adiante.Bicos tamén a Arantxa ,Elena e Sabela que se van =(


ESPERO QUE O DISFRUTEDES!!!

Bicos MIRIAM

Etiquetas:

19/07/09

4º encontro de papaventos da Torre de Hércules


Pois ben, hoxe pola mañá levanteime moi temprano para ir o concurso da Torre de Hércules onde xa participei dos outros anos . Alí viñeron xente de todas as partes e un grupo de profesionais de Madrid onde expoñeron cousas impresionantes . O meu turno será pola tarde cun aladelta profesional de catro fios . A verdade creo que vou ter sorte xa que o vento está bastante ben . Pois o dito espero que vos animedes e que se queredes participar pasedesvos por alí que é xusto no camiño que sube cara a Torre de Hércules.


Bicos Miriam


ESPERO QUE VOS ANIMEDES!!!

Etiquetas:

17/07/09

Os cadros reais dos Simpsons



Pois eses son os verdadeiros cadros .
Amiña curmá ten un cadro das Meninas onde saen todos os personaxes dos simpson .
Espero que vos gusten!!!
















Miriam

Etiquetas:

14/07/09

O fín das miñas vacacións

Pois ben, como xa dixen o outro día non tiven tempo e agora xa na Coruña como xa teño o ordenador ben pois decidín aprobeitar para dicirvos concretando un pouquiño mais o que o outro día fixen , que foi o seguinte:


-primeiro día: paramos a descansar cada dúas horas e comemos no hostal de Segóbriga onde me recordei moito da xente de teatro e me viñeron a cabeza moitos recordos dese día , en resumidas tiven moita morriña , cheguei a Alicante as 5 da tarde dalí fun a finca dos meus tíos que está na Romana ao chegar os meus curmáns alegráronse moito e un amigo do mue primo tamén e xa me fun poñer o traxe de baño e estiven na piscina ata as 10 da noite.


-segundo día:nesa noite durmín na casa dos meus tíos na Romana e esperteime as 8 puxen de novo o traxe de baño metínme na piscina ata as 2 comín e as 2 e media entrei outra vez ata as 8 que finalmente marchamos para o piso que está es Elx e desde alí foi onde puxen a entrada , cenei e fun para a cama xa que estaba moi cansa e a calor era de 40 graos.


-terceiro día:esperteime as 9 almorcei fixen algunhas cousas da casa e os meus tíos foron traballar daquela quedei na casa cos meus pais e a hora de comer fixemos a comida e xa a noite cando volveron fumos ver a súa avoa que alegrouse moito.


-cuarto día:esperteime as 9 almorcei e funme a piscina que está a 50 metros da casa dos meus tíos e o socorrista e o amigo do meu primo daquela deixoume facer todo o que quixen dalí fumos a comer a casa e nos puxeron o cuño por iso o acabar de comer voltamos a piscina onde estibemos ata as 6 da tarde e dalí fun dar unha volta polo centro que é onde viven os meus tíos e merquéi moitas cousas.


-quinto día:esperteime as 8.30 xa que o día anterior quedei cos meus primos para ir a praia de San Juan e como é onde traballa a miña prima e está cerca da praia fumola visitar e dalí marchamos a praia que chegamos as 10 estibemos todo o día e comemos alí xa pola tarde despois de comer a miña prima veu comer connosco e como se tivo que ir para traballar pois xa nos fumos con ela e voltamos para a casa onde nos estaban esperando os meus tíos.


-sexto día:esperteime as 9 estiben na casa puxenme no ordenador e estiben falando cos meus amigos comín e pola tarde estiben na casa ata que as 5 viñeronme a buscar os meus curmáns e fún o seu piso onde cenamos e marchamos daló as 12.30 da noite.


-sétimo día: esperteime as 10 debido o sono do día anterior almorcei fun co meu paí a facer a compra e comín na casa dos meus tíos e con eles ,a que pola tarde non traballaron,entón mentres que non chegaron fumos ao Corte Inglés e de novo compréi roupa dalí nos fumos para a casa onde xa estaban os meus tíos e cenamos xuntos e voltamos a Romana .


-oitavo día:esperteime as 8 e fixen o de todos os fines de semana poñerme o traxe de baño e meterme na piscina ,s 12 da maña viñeron os meus curmñans e fumos ver a súa finca que está a 1km da dos meus tíos,salimos dalí a 1 e media fumos para a dos meus tíos de novo e o meu curmán preparou unha saborosa paella típica daló,comina e volvín a piscina ata que finalmente tanto foi o cansancio que xa salín e estibemos falando ata que pola noite fumos as festas do Algayat que comezaron as 11 como todos os anos e remataron as 6 da mañá.


-noveno día:esperteime as 10 xa que non tiña sono almorcei con toda a familia e marchamos as 11 a Pinoso un pequeno pobo que esta o lado da Romana alí pasamolo moi ben xa que tamén merquéi roupa e pan caseiro ,que é moi rico por certo, e xa fumos comer bañeime de novo na piscina e fomos para Elx onde tiñamos as maletas porque xa o día seguinte marchabamos,ao chegar alí fumos despedirnos da avóa dos meus curmáns e ceamos e metimonos na cama para descansar.


-décimo día: esperteime as 5 da mañá almorcei metimos as maletas no coche despedimonos de todos e xa collemos o coche e emprendemos a dichosa viaxe ,volta de novo paramos cada dúas horas e comimos de novo no hostal Segóbriga onde volvín a acordarme de todos como o fixen durante toda a semana e comprei unhas tortas para os meus avós , xa as 6 e media da tarde cheguei a casa da miña avóa e vín que no parque non avía ningún dos meus amigos , daquela chameinos por telefono e non me colleron cando cheguei a casa chamaronme dicíndome que me votaban moito de menos e que foran a piscina ,e hoxe que e martes teño que volver a casa dos meus avos xa que me teñen preparada unha sorpresa ..... estou desexando saber o que é!!!


Bicos Miriam

Etiquetas: , , , ,

05/07/09

As miñas vacaións

Pois eu estou pasando as miñas vacacións en Elx (Alicante) . A verdade e que fai moitísima calor (o que non me deixa pensar moito porque non teño ideas ). Bueno como na casa non me vai o ordenador non puxen entradas e entón a poño agora e así aprobeito . Non teño moito mais tempo e a calor e infernal.

Un bico, Miriam

Etiquetas:

14/06/09

BEST FRIENDS 4-EVER!!!




Pois e de supoñer que Isa o ver este título ,xa sen mirar o nome sabe de quen é . Pois so o fixen por tí porque es especial e porque maña é o teu aniversario, pois ben ; moitísimos bicos espero que cumpras moitos mais e que teñas moitos agasallos . Tamém recordarvos que este Sabado no Calvo Sotelo imos actuar as Troyanas co primeiro estasimo , espero que nos sáia moi ben . Xa un ano mais Isa e como diseches o outro día xa imos vellos XD. Espero que che guste a foto e que no teu anirversario mo pase moi ben en conxunto cas demais .O título este o poño por unha cousa que só sabemos éu e Isa e que se descubriu dende que competimos unha contra a outra nos Cracks do Cole ; que por certo foi moi reñido xa que so nos separaron 5 puntos e fun éu a que gañei XD.

Moitos bicos ,Miriam

Etiquetas:

07/06/09

Colegio Gloria Fuertes

Pois a verdade non tivemos a posibiledade de poder ir as ruinas, xa que chovia, pero en sitio diso fumos ao colexio público Gloria Fuertes. Alí gañamos o terceiro premio ,unha das obras que gañou o primeiro, actuóu pola maña nas ruinas ,xa que so choveu pola tarde. Aínda así quedanos unha esperiencia moi boa e no total todos nos estibemos 24 horas fora da casa e desas 24 horas , 20 estibemos no autobús e desas 20 só durmín 1 porque tiña a Xulia ebriba e a Adrián que non se paraba de rir o lado .

O mestre díxonos que gañaramos o cuarto pero cando estaban dando os premios dixeron o cuarto e ibamos a levantarnos ,tivemos a sorte de que non eramos nos , aínda así viuse de todo dende grandes sonrisas ata pequenas lagrimas pero como xa dixen onte... non está nada mal!!!

Tamén coñecín a moita xente entre eles a prima de Luana a Adrián e a moita mais xente .
Xogamos a varios xogos .

Espero que o ano que ven o pasemos mais e mellor.

Bicos,Miriam

Etiquetas:

03/06/09

Segóbriga!!!



Queridos troianos e queridas troianas como todos sabedes este Sábado día 6 de Xuño , imos ir as Ruinas Romanas de Segóbriga . A verdade e que éu estou moi impaciente por ir pero o mesmo tempo moi nerviosa . Espero que nos sáia moi ben e que gañemos o primeiro premio, que é por iso o que vamos . A temperatura que marcan os termometros estes días é de arredor os 27º e éu miréi nun programiña que teño e pon que habera 30º , espero que non nos pase nada raro e que o profe non nos teña que regañar . Como xa dixen hoxe na clase vai ser un día inolvidable xa que para ser para moitos de nós , o primeiro ano de teatro nacional estamos facendoó bastante ben aínda que as veces temos algúns erros . Tamén lle quero dar as grazas o meu profe de teatro , xa que estáse a preocupar moito porque nos sáia ben , pero tranqilo profe que polo menos éu espero facelo o mellor posible ( non é por facer a pelota pero é a verdade ) . Bueno pois o dito que estou a espera para que chegue o momento de oír:

" Dende a Coruña para todos vos , Las Troyanas "

e a continuación:

" 1º premio para ... Las Troyanas , 2º para .... , 3º para ... , 4º para ..., e por último 5º para ..."

De todas formas aínda que non gañemos o 1º premio felicitar os demais grupos que según dixo o profe , 3 dos 4 contrincantes que temos son ex-alumnos do noso profe .

PEPA ESPERO QUE TE POÑAS BEN AXIÑA !!!!!

Bicos , Miriam

Etiquetas:

29/05/09

Ramón Piñeiro

Naceu en Armena (Láncara, Lugo ) o 31 de maio de 1915 e finou en Santiago de Compostela o 27 de agosto de 1990.Foi un escritor , filósofo , ensaísta e político galego.

Con nove anos foi vivir a Lugo, máis tarde foi traballar a Sarria, en 1930. En 1931 asiste a un mitin que esperta nel o interese pola cultura e a política galegas.

En 1932, foi a Lugo para estudar o bacharelato, participou na fundación das mocidades do Partido Galeguista. Alí coñeceu a Ramón Otero Pedrayo.
En 1933 a outros persoeiros do galeguismo.

En 1934 participou nun mitin, en 1936, chega a ser elixido o secretario do comité provincial e loita na guerra civil.

Rematada a guerra comezou a estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago. No 1946 detibérono por participar no franquismo de Galicia. Ao saír do cárcere, establécese defendendo á loita cultural fronte á loita armada e política.
Dirixiu a editorial Galaxia e traballou nela ata 1966, no mesmo ano foi a Estados Unidos, en 1967 regresa.
En 1985 recibe a Medalla Castelao.
No 1990 morre en Santiago de Compostela


Un bico, Miriam, Alba e Mishell

Etiquetas: , ,

26/05/09

Os efectos da risa

O humor é unha ferramenta moi eficaz para comunicarse e para aprender . Sen embargo , o sentido do humor como estratexia educativa apenas se aproveita no contexto escolar, e especialmente menos nos niveis superiores. (menos en clase de galego)

En ocasións , as relacións que se establecen entre o profesor e o alumnado están cargadas de mal humor . Aínda que non é o máis adecuado para que se produza o aprendizaxe , as veces é inevitable.

O nivel de estrés e de ansiedade dispáranse tanto en docentes como en estudantes.

¿Que significa isto? ¿Que aunque as cousas váian mal temos que contar chistes? Pois non .
Ter sentido do humor significa responder con unha actitud positiva ante os retos que un se encontra no día a día xa sea o ambito personal , laboral , ou escolar.

O sentido do humor axuda a crear un ambiente máis relaxado e a ver o conflicto desde o outro punto de vista .

¿VALE A PENA QUE UN NENO APRENDA CHORANDO AQUELO QUE PODE APRENDER RINDO ?

A parte de todo isto rirse é bo xa que...

- Con cada gargallada póñense en movemento máis de 400 musculos , incluídos os do estómago que so se poñen en funcionamento desta forma .
-Entra o doble de aire nos nosos pulmóns
-Liberanse os sedantes naturais do cerebro , por iso cinco ou seis minutos de risa fan o mesmo efecto cos analxésicos.
-Revenecen a pel ao estirar e estimular os musculos da cara .
-As gargalladas xeneran unha sana fatiga que elimina o insomnio.
-Elimina o estrés
-Combate a depresión
-Actúa como alivio ante as situacións negativas
-A través da risa as persoas exteriotizan emocións e sentimentos .
-Axuda a entender os fracasos
-Facilita as relacións sociais.

Bicos, Miriam

Etiquetas:

Primavera anticipada

Xa que estamos a poñer cancións pensamos en poñer esta .


Un bico Miriam e Arlette



Esperamos que vos guste!!!!

Etiquetas: ,

23/05/09

11 de Marzo


Por toda-las persoas que ían dentro dese vagón , nese momento inolvidable , nese momento no que miles de personas perderon a vida , nesa canción adicada a todas esas persoas .....
Espero que vos guste !!!!!

E que vos faga chorar coma mín . Espero que cada vez sexan menos os accidentes e que cada vez a xente pense mais no que estamos a facer .


XA É A HORA , XA É MOI TARDE!!!!

PREMEDE AQUÍ
Por certo a xente do vídeo son persoas que sobreviviron a ese 11-M dese ano 2004


Un bico . Miriam

Etiquetas:

17/05/09

A paga da semana

Unha tarde , un pequeno acercouse a súa nai. Ela estaba preparando a cea na cociña , e o neno entregoulle unha folla de papel na que había escrito algo . Despois de secar as mans e quitar o delantal , leu o que dicía a nota:

  • Cortar o césped do xardín .......... 10.00 $
  • Coidar o meu irmán ..................... 5.00$
  • Ir á mercar o pan ...................... 0.50$
  • Sacar o can a pasear .................... 2.50$
  • Ter boas notas ............................. 30.00$
  • Limpar o patio ............................. 5.00$
  • TOTAL PENDENTE ------------ 53.00$

A nai mirouno fixamente mentras el gardaba expectante . Ela colleu un lapis e na outra cara da mesma folla anotou:

  • Por levarte nove meses no meu ventre e darte vida ......... 0$
  • Polo temor e as preocupacións cando enfermabas ............. 0$
  • Por tantas noites de desvelos , curarte e rezar por tí ........ 0$
  • Por agarrarte da man e darte apoio ..................................... 0$
  • Pola comida , roupa e educación .......................................... 0$
  • Pola alegría e o amor da nosa familia ................................... 0$
  • TOTAL PENDENTE ---------------------------------- 00$

Cando o neno terminou de ler o que escribera a súa nai , tiña os ollos cheos de lágrimas e dixo: " Querote , mamá " . Logo colleu o lapis e escribíu con letra moi grande :

PENDENTE TOTALMENTE PAGADO

A veces , as persoas somos como nenos : sempre queremos unha recompensa polas boas accións que realizamos . É difícil entender que a mellor recompensa é o amor e que , por sorte é totalmente GRATIS

Bicos a todos , dedicado a todas as nais ,especialmente a miña .

Pepa botamosche de menos esperamos que volvas pronto !!!!

MIRIAM

Etiquetas: ,

14/05/09

Ramon Piñeiro

Deixovos cun video do personaxe ao que se lle adica o Dia das Letras Galegas
ESPERO QUE VOS GUSTE !!!!

( como xa vos dixen os acentos non me van se alguen fai o favor que mo corrixa )

Bicos Miriam

Etiquetas: , ,

09/05/09

Día da Ciencia na Rúa

Hoxe fun a Casa do Home ,a Casa dos Peixes e o parque de Santa Margarida .

Na Casa do Home estiven facento todo tipo de actividades dende mirar as miñas pulsacións ata medindome.
Na Casa dos Peixes estiven mirando os peixes , que outra cousa se non?, e unha exposición de fotos .
Por último no Parque de Santa Margarida non fun o Planetario,senón,que estiven dando unha volta por fora que avía unhas carpas e vín a Alex e a Valentín , eles a mín pareceme que non , estabamos mirando a un rapaz que tiña unhas botellas e unha coctelera e alí estaba facendo parvadas.

Mais tarde as sete fixeron a solta dos globos , eran de cor morado os que me gustan a mín .
Nas carpas que había por fora da Casa das Ciencias que eran de varios colexios e institutos estaba a da corporación Grande Obra de Atocha alí encontreime a moitos amigos .

Espero que vos guste !!!! A verdade e que foi un día estupendo e fixo moita calor.

bicos Miriam

Etiquetas: ,

07/05/09

Hip-hop

Oleiros organiza un taller de "Hip-Hop" para conmemorar o Dia das Letras Galegas.

Podran participar os xovenes entre os 13 e os 18 anos de idade . As clases as dara un componente do grupo " Dios ke te crew " Serxio Regos . Os organizadores detallan o objetivo e "fomentar o uso do galego e da sua interpretacion lirica para os mozos e mozas do concello" . O obradoiro se celebrara o proximo dia 16 de maio . A actividade comenzara dende as cinco da tarde ata as 20 horas nas instalaciones municipales de A Fabrica en Santa Cristina . Os interesados en participar poden recabar os datos na paxina web do Concello ou no numero de telefono 981610000 .

(non me funcionan os acentos no teclado)

bicos Miriam

Etiquetas: , ,

02/05/09

San Andrés de Teixido


Vai de morto o que non vai de vivo

A lenda que nos contou un rapaz que vivía aló e a seguinte:
Cando san Andrés , san Pablo e san Pedro chegaron a cedeira como viron tantos precipicios non podían subir, daquela Xesucristo saíu de debaixo da auga e dixolles:
agarradevos a esas plantas .Eles agarraronse e subiron . Esas plantas eran herbas de namorar chamadas por eles claveles do mar xa que poden sobrevivir o salitre da auga . Anos mais tarde Andrés lebantou a igrexa en memoria de Xesús pola súa axuda .

Onte fun a San Andrés de Teixido , esta cerca de Cedeira , a paisaxe e moi bonita e espectacular . Cando chegamos o lugar baixamos cara o mar e oíamos a música dunha gaita e pandereta , era unha parexa de xovenes que estaban sentados nunha roca inspirados pola paisaxe e tocando , tocaban moi ben . Visitei unha igrexa era moi bonita tiña moitas velas , a xente deixa alo moitos amuletos: fotografías ,cousas de bebés ,velas en forma de partes do corpo, etc. o típico .

Recoméndovos se queredes comer en Cedeira comede nun mesón chamado "quilowatio" comeredes en abundancia e sen que o bolsillo vos quede sableado.
Cando chegamos non había moita xente pero o longo da tarde a aldea foi chegando moita xente e moitos rapaces xóvenes .

O souvenir que trouxen dalo foi unha plantiña que me regalou un rapaz , e díxome que pedira un desexo na igrexa e que ao chegar a casa a plantara . Tamén trouxen 2 botes de mel , un para a miña avoa e outro para mín .

Vín unhas rapazas que foron buscar as vacas o prado , cunha vara. Tamén un neno pequeno estaba montado nun cabalo co seu pai .

espero que vaiades!!!!

bicos miriam

Etiquetas: , , ,

30/04/09

Camerún


Camerún e un país que se atopa na costa occidental de Africa .No Oeste atópase o Macizo Volcánico dos montes de Camerún , no interior hai altiplanos e no Norte encóntrase o Lago Tchad . As súas costas son chas , con pantanos e lameiros . O clima é húmido na costa , moi chuvioso no interior e seco no Norte . Entre os seus ríos principais están o Senega e o Lagone . A maior parte da poboación vive da agricultura :

-cultivo de banana

-cacao

-café


Tamén e importante a explotación madeireira , a pesca e a extracción de alumiño e petróleo .

No século XV chegaron os colonizadores portugueses e iniciaron o comercio de marfil e estravos .

A finais do século XIX foron os alemans os que establecerón o control e desde 1919 pasou as mans francesas e británicas no 1960 conseguíu a independencia .


DATOS:

habitantes : 15.456.992

superficie : 475.442 km2

densidade : 32 hab./km2

capital : Yaundé

sistema de goberno : Doula,Nkongsamba,Fambon

idioma : francés e inglés


Arlette e Miriam

Etiquetas: , ,

29/04/09

Walt Disney


Supoño que todos saberedes quen era este personaxe verdade?

Pois daquela para non liarnos moito contareivos pouca cousa .


Foi un debuxante, director e productor estadounidense . En 1923 comezou a producir películas de debuxos animados en Holliwood . Sabedes que... Mickey foi o primeiro personaxe inventado por este señor ? Inventouno no ano 1928 e no 1934 a Donlad .

No 1937 apareceu a película " Brancaneves e os sete enaniños " . Anos mais tarde tamén apareceron :

-Pinocho
-Fantasía
-Bambi

A parte de facer tantos debuxos tamén inagurou o parque Disneylandia ao que lle seguiron Disneyworld e Eurodisney . As películas mais recentes son :

- Rey León
-Pocahontas
-Aladino
-Tarzán
-Atlantis
-O libro da selva
e por último Buscando a Nemo .

Aquí deixovos co primeiro capítulo en branco e negro de Mickye Mouse

e aquí o primeiro capítulo en cor cando Mickye enamórase de Minye

Se premedes no título poderedes saber algo máis deste personaxe tan famoso que por certo según dín estivo conxelado despois de morrer xa que pensaba que no futuro abería unha solución para revivir .

E xa para rematar se premedes aquí poderedes ver as películas que protagonizou .

bicos Miriam

Etiquetas: , , , ,

A VACA


Estes animais son mamiferos herbívoros. Son as femias dos touros . As novas chamanse tenreiras ou xovencas. Son animais rumiantes, teñen dedos con pezuñas e,cornos na cabeza. O conxunto de todas estas razas de vacas recibe o nome de gando vacún.


Clasificanse en:

1.Gando leiteiro=do que se saca a raza da frisona.

2.Obtención de carne=desta sácase a raza de Hereford,Charolesa,Simnental,Aberdeen-Angus.

Se queredes saber máis premede aquí.

Un bico,Sara e Miriam.

Etiquetas: , ,