Proba de Alba(Catedral de Santiago)
Cada fin de semana paso moi cerca da catedral de Santiago de Compostela e sempre me pregunto "cal é a súa historia"pois hoxe navegando por internet busquei e busquei e encontrei esto:
Dos templos coñecidos no solar que agora ocupa a catedral, en honra a Santiago o Maior o que se mantén na actualidade foi o terceiro. Aínda que durante moito tempo houbo discusións entre os especialistas sobre a data de construción, na actualidade considérase 1075 como o inicio das obras. Dirixiron a obra, como apunta o historiador Manuel Jesús Precedo Lafuente, os mestres Roberto e Bernardo, aos que seguiron no seu magno proxecto, a finais do século XI, o arquitecto Esteban e, a comenzos do XII, outro mestre Bernardo, neto do primeiro.
A obra do templo romanico sobre o que se erixe a catedral durou ata o ano 1122.
A catedral románica consérvase intacta no interior da actual, pero as fachadas exteriores sufriron diversas modificacións co paso dos anos, dependendo dos novos estilos arquitectónicos que surgian cada século, e das tendencias da modernidade. Outras obras, con todo, foron debidas á instalación de elementos imprescindibles, como o magnífico organo que goza a Catedral.
A catedral de Santiago, que ten máis de 1000 columnas no seu interior, dispón dun atrio que a circunda, no que destacan catro prazas: Azabacheria, Obradoiro, Platerías e Quintana; e catro fachadas do mesmo nome. Cada unha delas, unha obra cume da arquitectura e a mampostería do seu tempo.
Vía:
http://cuentanos.blogcindario.com/
Se queredes máis información buscade nesa web, é bastante ampla.
Alba Vidal Paz
Etiquetas: alba
2 comentarios:
Moi ben a introdución, Alba. de todas maneiras usache un pouco demais o corta-pega.... sería mellor que refundises a información coas túas palabras.
Moi ben o de incluír a páxina onde encontrache a información, aínda que poderías citala mellor. Xa o explicamos hoxe na aula.
moitas grazas por colaborar
que e iso de corate e pega e? hehehe era broma eu o ultimo que fixe tamen foi corta e paga
De:Valentin
Publicar un comentario
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio