17/06/09

Sónavos?



Sabedes que é este rapaz tan guapo ?
Pois claro que si !!
É el... xa o sabedes non?
Dareivos unha pista... actuou na película "Los chicos del coro" e fai pouco estivo aquí, en Coruña, no Coliseum.
E... (resoan tambores)
Jean-Baptiste Maunier !
Estibemos investigando sobre Jean e isto é o que atopamos:
Jean é un actor francés que naceu o 22 de Decembro de 1990 en Brignoles (Var, Francia).
Na película que todos coñecemos (Los chicos del coro, Les choristes) fíxose famoso.
Asiste á academia privada católica Saint-Marc, En sexto elixiu a actividade do canto coral e integrouse no coro da academia, “Les Petits Chanteurs de Saint-Rafael”. Desta forma, descubriría a súa voz inigualable e podria traballala grazas a o director da coral, Nicolas Porte.
Na actualidade abandonou o coro pola causa de coincider co horario da súa rutina.


Esperamos que vos guste!!
Premede na imaxe ! Hai unha sorpresa !

Mishell e Alba

Etiquetas: , ,

29/05/09

Ramón Piñeiro

Naceu en Armena (Láncara, Lugo ) o 31 de maio de 1915 e finou en Santiago de Compostela o 27 de agosto de 1990.Foi un escritor , filósofo , ensaísta e político galego.

Con nove anos foi vivir a Lugo, máis tarde foi traballar a Sarria, en 1930. En 1931 asiste a un mitin que esperta nel o interese pola cultura e a política galegas.

En 1932, foi a Lugo para estudar o bacharelato, participou na fundación das mocidades do Partido Galeguista. Alí coñeceu a Ramón Otero Pedrayo.
En 1933 a outros persoeiros do galeguismo.

En 1934 participou nun mitin, en 1936, chega a ser elixido o secretario do comité provincial e loita na guerra civil.

Rematada a guerra comezou a estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago. No 1946 detibérono por participar no franquismo de Galicia. Ao saír do cárcere, establécese defendendo á loita cultural fronte á loita armada e política.
Dirixiu a editorial Galaxia e traballou nela ata 1966, no mesmo ano foi a Estados Unidos, en 1967 regresa.
En 1985 recibe a Medalla Castelao.
No 1990 morre en Santiago de Compostela


Un bico, Miriam, Alba e Mishell

Etiquetas: , ,

20/05/09

Queremos que volvas


Hola Pepa:
Votamosche moito de menos, queremos que volvas xa !

En galego xa non facemos as cousas que facíamos contigo.
Esperamos que volvas moi pronto e que te recuperes rápido.
Mishell e eu estamos moi preocupadas, porque un día derrepente chega o profesor de guardia e dí:
-Pepa está de baixa.
e todos:
-Que ??!!
Días máis tarde apareceu Xulia.

E aínda non sabemos porque non estás.

Bueno, pois iso, oxalá que te recuperes pronto e que volvas rápido.

Queremosche moito.
Coidate.



Alba e Mishell

Etiquetas: , ,

03/04/09

Vacacións !


Por fin chegaron as vacacións. Moita sorte a todos cas notas e que o pasedes moi ben.

Espero que empachedes a chocolate ( se é que o merecedes)

Un bico para todos.

Nota: espero que todos melloremos nas notas e no comportamento na próxima avaliación.


Alba

Etiquetas: ,

31/03/09

O ano que naceron Jessica,Isa,Lucía, Alba e Darío

06/03/09

A Vida é Bela.

Moitos de vòs saberedes quenes son os da foto, pero os rapaces que van a alternativa non. Pois esta imaxe é dunha película fermosa que estibemos vendo en relixión.

A película fala sobre un home italiano de relixión xudía, e por ese motivo lévano, xunto a súa familia, a un campo de concentración.A pesar de todo o que está vivindo , é capaz de facer un xogo de todo iso e así facer que o seu fillo sexa feliz.


É moi bonita, espero que a vexades.

Etiquetas:

23/02/09

Intercambio cun inglès


Ewald é un neno de trece anos que non ten moi boas notas en inglés. A súa nai decide envialo a Inglaterra pero ante a negativa deste opta por traer a casa un neno inglés. Toda unha serie de casualidades fai que en lugar de Tom un neno encantador veña o seu irmán Jasper un neno problemático e difícil tanto que os seus pais están a desexar desfacerse del durante seis semanas. Os pais de Ewald non se atreven a enviar a Jesper de regreso á súa casa polo que deciden "soportalo". Aos poucos a integración do neno estranxeiro na convencional familia austriaca convértese nunha realidade. Despois desta gran experiencia Ewald decide escribir a modo de diario todo o ocorrido.



Alba

Etiquetas:

20/02/09

Paella


A paella é un dos platos máis tradicionais da gastronomía española.
Compoñentes:
- Arroz
- Polo
- Coello
- Garrochón
- Xudía blanca o tavaela
- Tomate natural relado
- Xudía verde ancha
- Alcachofa
- Aceite de oliva virxe
- Pimentón vermello
- Febras de azafrán
Modo de preparación:
Vertemos o aceite no centro da paella, nivelámola, acendemos o lume e quentamos o aceite. Cando o aceite comeza a humear, incorporamos o pito e o coello troceados e lixeiramente salgados, dourándoos coidadosamente a lume medio. Se o lume é excesivo, podemos espolvorear un pouco de sal no bordo da paella, naquelas zonas nas que non hai aceite, para evitar que se queime.
Darío e Alba

Etiquetas: , ,

16/02/09

Fondo Flamenco

Ola, este é un video de Fondo Flamenco,chámase Que Tal, que o concordo co traballo que fixen de eles.

Espero que vos guste.


Alba

Etiquetas: ,

13/02/09

Fondo Flamenco


A que sabedes quen son?
Pois claro, son Fondo Flamenco.
Astola, Antonio e Rafael, asi se chaman estes tres mozos, é un grupo de xóvenes rapaces sevillanos (que apenas alcanzan a maioría de edade) irrumpiron con forza na panorama musical gracias a unha maqueta con sete temas, das que estaca o tema "Ojalá " , que a pesar de non ter ningunha promoción calou fondo entre o público xóven vía internet.
Este proxecto comezou a fraguarse cando se conoceron Astola e Rafael , á temprana edade de 13 anos (igual ca nos) incorporándose Antonio máis tarde para poñer a voz dos primeiros temas uqe Astola compón e escribe para o grupo .
Ediciones Senador brindoulles a ocasión de sacar o seu primeiro disco ao mercado, no que volcaron, poñendo todas as súas ganas e ilusións.

Se premedes nestes títulos escoitaredes e veredes algunhas cancións:

" Ojalá pudiera ir " " Sientelo " " Perdoname " " Escuchame mujer "

Se premedes aquí teredes máis información.


Alba

Etiquetas: , ,

02/02/09

Selena Gomez


Sabedes quen é ?
Pois claro que si, é Selena Gomez, a actriz que fai de Alex nos Magos de Waverly Place.
Pois hoxe vou falar de ela, ademáis de porque é a miña actriz favorita , falo sobre ela para que saibades un pouco máis sobre esta fermosa rapaza.

O seu primeiro papel foi en Barney e os seus amigos cantando moitas cancións da serie, interpretando o personaxe de Gianna, xunto a Demi Lovato. No 2006 participou como estrela invitada na segunda parte de Zack e
Cody xemelgos en acción. No 2007 apareceu tamén na serie de Hannah Montana como Mikeyla, unha estrela do pop rival de Hannah Montana. Actualmente está actuando nos Magos de Waverly Place .

A que non sabedes unha cousa??
Selena tamén é cantante !!
Ela gravou a banda sonora da serie dos Magos de Waverly Place. No 2008 tamén gravou Cruella de Vil dos 101 Dálmatas que foi DVD de platino, e a canción de Campanilla.
Hai pouco sacou un álbum chamado
Tell Me Something I don't know .

Se premedes na imaxe poderedes ver e escoitar o video de Tell Me Something I don´t know e se premes en Selena Gomez tes máis información sobre ela.
Se queres información sobre as series nas que estivo preme no nome da serie que queiras.

Etiquetas: , , ,

26/01/09

As Fadas

Unha fada é unha criatura fantástica e etérea, personificada xeralmente en forma de muller fermosa, que segundo a tradición son protectoras da natureza, produto da imaxinación, a tradición ou as crenzas e pertencente a ese fabuloso mundo dos elfos, gnomos, trasgos, sirenas e xigantes que dá cor ás lendas e mitoloxías de todos os pobos antigos. Pódese provocar o contacto con elas desenvolvendo a visión etérea segundo as lendas. A mayoria delas represéntanse con ás.

As lendas celtas falan do reino dos Áes Sídhe (pronunciado Vos Shi) tamén coñecido en idioma inglés como Fairy Folk, e onde a mellor tradución ao noso idioma sería Fadas, aínda que é importante recalcar que non se fala da concepción victoriana das Fadas, eses seres diminutos con ás de bolboreta. Os Áes Sídhe, son seres semidivinos que viven entre leste e o outro mundo, con conexións importantes coa natureza e as deidades, a maioría dos relatos represéntanos como xente non moi alta, pero de aspecto e altura humana, de tez branca, ollos claros e pelo moi negro.

Nos relatos medievais, as fadas (ás veces chamadas "O Bo Pobo" ou "A Boa Xente") aparecen relacionadas con encantamentos e feitizos, coñecedoras do poder e as virtudes das palabras, as lendas e as herbas, que lles permitían manterse novas e belas, e acumular grandes riquezas.

Nalgúns libros, menciónase que as fadas fan todas as cousas inocentemente, aínda que o seu comportamento poida chegar a ser perverso. En moitos escudos heráldicos desta época reflíctese o mundo das fadas. Moitos aristócratas querían facer ver que proviñan dunha liñaxe das fadas.


Etiquetas:

12/01/09

18 a serie


18 narra o difícil paso á maioría de idade dun grupo de mozos que integran un grupo de música e outro de baile.
Así é a nova serie....
Un grupo de mozos que comparte a mesma idade, os dezasete anos, está a piques de afrontar o temido salto á maioría de idade. Trátase dun momento no que as decisións que se van tomando prefijan como vai ser o seu futuro; pero igualmente, trátase dun tempo no que todo é presente....Natalia, unha moza idealista e cantante do grupo de música 18 RDC (ritmo da rúa) é o centro da historia. A moza trata de pescudar quen matou ao seu irmán Sergio. Para iso iniciará unha investigación xunto ao mellor amigo do seu irmán, Diego, un mozo rebelde enfrontado á súa familia polo soño de bailar. Esta historia de misterio é o núcleo da serie, e a través dela xurdirá algo máis forte que unha simple amizade entre os dous protagonistas.Ao redor deles; a vida dos seus amigos: os seus primeiros amores e as súas esperanzas. Triunfos e fracasos dun grupo de mozos cuxas vidas viran, principalmente, ao redor da música e o baile. Todo iso sen esquecer a contorna familiar, que tanto problema carrexa a esta difícil idade.


Alba

Etiquetas: ,

17/12/08

As bailarinas de Dregas


Edgar Degas (1834-1917) foi un pintor francés, do movemento impresionista, ao que lle gustaba reflectir nos seus cadros o ambiente dos cafés, concerto de París é da época. Ten moitos cadros en que as bailarinas de ballet son as protagonistas.
Alba

Etiquetas: , ,

Caimán e crocodilo


A diferenza básica entre caimáns e crocodilos é que estes últimos teñen un aspecto máis fero xa que, cando están coa boca pechada, se segue vendo o seu cuarto dente, mentres que nos caimáns ese dente encaixa na mandíbula e non se ve.
Alba

Etiquetas: , ,

Deserto de Atacama


O deserto de Atacama é un dos lugares máis secos do mundo. Poden pasar anos sen que caia unha pinga de auga; de feito, ata 1971 alí non chovera en 400 anos. Neste deserto atópase o volcán de Lincarún.
Alba

Etiquetas: , ,

12/12/08

O Nadal Galego

Que ganas temos de que chegue o Nadal.

Estivemos buscando nunha web e encontramos cousas interesantes sobre como celebramos en Galicia o Nadal.

O Belén
Nos pobos de tradición católica, o nacemento de Xesús nun pesebre de Belén represéntase con réplicas deste momento: o pesebre, o boi e a mula, Xosé, María e Xesús, os pastores e os Reis Magos forman parte da simboloxía popular iniciada por San Francisco de Asís en 1223, según conta a lenda. En España foi a dona de Carlos III quen levou á Corte unhas figuriñas de porcelana procedentes de Nápoles e que representaban o Nadal. Prendado deste nacemento, o monarca mandou traer un Belén completo para o seu fillo e mandou crear unha fábrica de porcelana.

A Estrela

É o símbolo da guía: a que levou ós Magos ata Belén para adorar a Xesús no pesebre. Soe colocarse na punta da árbore de Nadal, ou sobre o Portal na representación do nacemento.

O Arbore

A colocación do pino de nadal é unha tradición anterior á cristiandade e provén da cultura celta onde soía celebrarse a cegada do inverno colocando unha árbore –xeralmente un abeto- no centro do pobo adornado con cáscara e ovo pintadas. Algunhas investigacións especifican que esta árbore estaba presente nas ceremonias da primitiva Roma, sendo conservado polo cristianismo que o adornou con obxectos brilantes e velas que representaban o sol, a lúa e as estrelas. Foi cara o século XVI cando Marín Lutero e os seus seguidores adaptaron este costume e introduciron a árbore adornada con velas na noite do 24 de decembro en fogares e templos. Existe paralelamente a lenda dun misioneiro inglés que difundía a palabra de Xesús entre as tribus do norte de Alemania. Ó chegar a Geismar viu como pretendían sacrificar a un príncipe atado ó tronco dunha árbore para ser ofrecido ó deus Thor. Irrumpindo na ceremonia, o misioneiro derribou a árbore cunha hacha, brotando nese mesmo intre un fermoso pino que, según a lenda, era a proba da vida nova que representaba Xesús. Posteriormente, o príncipe Alberto, home da raíña Victoria, popularizou esta tradición no século XIX, difundíndose polo mundo.

Etiquetas: , ,

03/12/08

O Nadal


Teño unhas ganas impresionantes de que sexa Nadal, vós non?

Estiben buscando información sobre como o festexamos aquí e encntrei isto:


O Nadal encerra moitas tradicións que, por costume, asumimos ano tras ano sin preguntarnos, moitas veces, que significado teñen no conxunto de celebracións que marcan estas entrañables datas.
Típicos do Nadal son elementos ornamentais como o nacemento, a árbore ou a estrela; pero tamén acontecementos como a chegada de Papá Noel, os Santos Inocentes, a celebración do Fin de Ano ou a visita dos Reis Magos.
E propias de Galicia son as tradicións do tizón, cachopo ou cepo de nadal, así como as relacionadas coa gastronomía (e que somos uns lambóns) entre as que destaca a feira do capón de Vilalba.
Avós, fillos, netos… reúnense a carón do lume onde, según os contos, tamén se congregaban as ánimas dos antepasados mortos na Noiteboa. Costumes que, xunto cos cantos, os donativos…, conforman as tradicións nadaleiras que hoxe se conservan.


Se premedes na imaxe tendes máis información sobre esta festa tan hogareña.

Alba Vidal

Etiquetas:

Palabras de Caramelo


Título : Palabras de Caramelo
Autor/a : Gonzalo Moure
Resumo: Kori é un neno sordo, vive nun campo de refuxiados saharuis, gustanlle os camelos e ir a escola para aprender a ler máis a escribir. O día que a súa mestra entende que pode enseñarlle a escribir, algo moi especial ocorre na súa vida: é capaz de plasmar no papel as súas emocións, especialmente aquelas que surgen da súa relación co seu amigo Caramelo, un pequeno camelo color canela.
Elexín este libro porque apesar de todos os problemas que tiña este rapaz aprendeu a escribir e a ler.
Alba Vidal Paz

Etiquetas:

28/11/08

Xogos tradicionais galegos

Nunca vos preguntastedes a que xogaban os nosos pais, os nosos avós...?

Pois nós si.Estubemos buscando información e encontramos isto.Esperamos que vos guste.




Chave coruñesa :

Material
- unha chave
- 4 fichas de 8 cm de diámetro e 2 cm de ancho

Descripcións
- Pódese xogar 1 x 1 ou por equipos ( 2 x 2 ) ... ata (6x6)
- Lanzar 4 peios en dirección a chave co obxetivo de tirala .


Regras

-A distancia entre a liña de tirada e a chave será de 14 m.
-A chave estará a 10 cm. do chan.
-Na liña de tirada colocarase un obstáculo duns 5 cm. De alto para que ningún tirador poida reducir a distancia dos 14 m.
-Cada xogador lanzará 4 Peios consecutivos.
-En total haberá. 2 tiradas por xogador.
-Tódolos xogadores farán unha tirada de 4 Peios. E logo farase a segunda tirada.
-Cada vez que caia a chave 1 punto.


Como este xogo hai moitos mais.

Se premedes na imaxen poderedes ver mais xogos tradicionais.




Mishell e Alba

Etiquetas: ,