19/12/08

O resume de Morgún


A profecía do vello druída da fortaleza de Baroña, onde o rei Brath fora asasinado polo seu fillo Corrub, habíase cumprir: “o que morreu con traizón voltará polo mar, entrará no castro tres veces e entón recuperará o reino usurpado polo seu fillo. E o rei será raíña e a espada será o seu signo”. 
Morgún –aquel meniño aparecido na lagoa onde moran as señoras da maxia e preto da Laxe do sol e da lua, a pedra onde están escritos todos os destinos dos vivos– será o brillante guerreiro que libere da indignidade a aquela comunidade que asistirá ao nacemento do seu señor Breogán. 
Esta novela  épica de Suso de Toro ten por narrador a Dous Corvos, un guerreiro que narra o acontecido a Morgún, a quen el chama Lobo Máxico, un héroe celta que foi atopado cando meniño cun ollo de cada cor e cunha manda de lobos protexéndoo. 
A súa é unha historia chea de sangue, de feitos grandes e por-tentosos, de loitas, de terríbeis desgracias, de cabezas cortadas (que o destaco por que Pepa ten razón, son moitas) e de maxia."Morgún" é Un relato épico celta enchido de maxia, profecías, venganzas e destinos de heroes e semideuses. 
Unha narración que fusiona o relato de aventuras cos dramas shakesperianos e coas traxedias gregas. Unha novela de espada, maxia e bruxería chamada a converterse nun clásico popular da nosa narrativa.
Rosalía

Etiquetas: , ,

5 comentarios:

Blogger 1ºieselvina dixo...

esta moi bn feito gustoume

arlette

20/12/08, 16:26  
Blogger 1ºieselvina dixo...

Cantas cabezas cortadas!!! Gustoume moito.




Ivan

20/12/08, 20:30  
Blogger 1ºieselvina dixo...

Quedeime con ganas de lelo pero eu te aconsexaria que resumiras un pouco mais pola miña parte pero esta moi ben.

Mónica

21/12/08, 19:50  
Blogger 1ºieselvina dixo...

Monica: cambia *aconsexaría - que é un invento teu- por "aconsellaría
está moi ben que comentes os traballos dos teus compañeir@s Pepa

21/12/08, 20:14  
Blogger 1ºieselvina dixo...

Rosalía, agardo que o remates para que fagas outra entrada sobre a túa experiencia persoal co libro. Pepa.

21/12/08, 20:15  

Publicar un comentario

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio