04/09/09

As miñas vacacións


Hola, sinto non poder facer unha entrada ata agora, pero como en Corme non teño internet non a poiden facer.

As miñas vacacións:
Paseinas case todas na miña aldea, onde vive case toda a miña familia.Alí celebramos: o día do Carme, o día do percebe, san Roque (onde se celebra o antroido)... Tamén fun a Avintes (PORTUGAL) de excursión cas miñas amigas. E ata aquí o meu resume do verán.
Un bico a todos


Etiquetas:

07/06/09

Estalmat



O sábado Iván e mais eu fomos a "ESTALMAT", un proxecto no que chaman a nenos e nenas pra que vaan facer un exame, a continuación señalan a 25 nenos de 200 e imparten clases de matemáticas avanzadas. Eu non acabei o exame, xa que fixen dous exercicios e cada un levoume unha hora, espero que a Iván lle salira mellor que a min, apenas o vin xa que estabamos en diferentes clasese. Bueno, un saúdo a todos:


Rosalía

Etiquetas:

04/06/09

Carta para Pepa

Querida Pepa:
Hai moito tempo que non fago unha entrada, pero teño unha escusa, teño que estudar, xa que os exames que temos agora son bastante importantes. Xulia é unha boa profesora, o fallo está en nós, xa que nos portamos bastante mal con ela. Gustaríame dicirche que nos esforzamos moito no traballo (Lucía, Mónica, Isa e mais eu) que nos mandaches facer sobre a nosa esperiencia do blog, esperemos que lle guste a todos, e a ti tamén claro. Un bico, mellórate
Posdata: FELICES VACACIÓNS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Rosalía

Etiquetas:

29/05/09

Hello Kitty









Hello Kitty foi creada o 1 de novembro de 1974. É un persoaxe ficticio moi querido polas nenas (e algúns nenos un pouco refinados). Ten unha serie, aínda que só 13 capítulos. Ten unha irmá xemelga chamada Mimmy.
Encontraredes un montón de cousas dela ata un avión.
Feito por Rosalía, Lucía, Mónica e Isabel.

Etiquetas: , , , ,

21/05/09

Exhibicións patinaxe

Ola, antes de dicir nada quérovos pidir disculpas, xa que fai moito tempo que non escribo (este trimertre estiven moi atarefada). Bueno, vouvos falar das exhibicións de patinaxe que imos ter Lucía e mais eu, xa que nos gustaría que nos viñerades a ver. As datas son o 26 deste mes e ao mellor este domingo, aínda non está confirmado. Aínda que xa nos vistes todos o día dos deportes pero... Bueno estas serán no palacio dos deportes, un bico a todos:

Rosalía

Etiquetas: , ,

05/05/09

PROTESTAMOS


Protestamos xa que se debe celebrar o día do deporte!!!!!!!!!
Entereime que malia a recollida das firmas só participarán os finalistas do fútbol. E os outros que?
Non é xusto, debemos facer deste día un moi especial.
Nós, coma sempre se fixo no instituto, as alumnas de patinaxe deberiamos facer unha exhibición, xa que levamos todo o ano ensaiando e queremos ensinarvos o noso baile. Pedímoslle a Gonzalo que é o que se encarga deste tema que nos deixe celebralo.
Escribide comentarios coa vosa protesta, porfa.
Rosalía

Etiquetas: , ,

29/04/09

Froitas

As froitas saen de arbustos ou árbores. Hainas dulces e amargas, pequenas e grandes, verdes e amarelas... A continuación imos ver a súa clasificación:



  • Cítricos:o seu sabor é agre e ten moita vitamina C.Exemplos:limóns, laranxas, limas e mandarinas.

  • Froitas de pebida e froitas de óso: nesta clasificación non fai falla que vos diga de que vai, xa que a resposta está no título. Exemplos: mazá, pexego, sandía ameixa...

  • Froitas silvestres:aquí encóntranse as froitas da selva. Exemplos:framboesas, amorodos, arandos e grosellas.

  • Froitos tropicais: estas son de orixe tropical, coma o seu propio nome indica. Exemplos: kiwi, mango, papaia, maracuia,etc.

Etiquetas: , ,

O cuarzo


O cuarzo é un mineral precioso, polo menos para min. É transparente pero tamén se pode encontrar doutras cores, coma violeta e amarelo. A súa estructura é cristalina e respecto á dureza ten 7 puntos nunha escala do 1 ao 10.
Din que ten un parecido ao diamante e úsase en aparellos ópticos e electrónicos. Tamén se usa moito para facer bólas. Curioso, verdade? Pois estase a atopar nas rochas e granitos. Este mineral no seu estado máis puro convértese en cristal de rocha. Espero que vos gustara a miña entradiña.
Se queredes saber máis sobre este mineral premede na imaxe.
Rosalía

Etiquetas: , ,


O té é unha planta aromática, unle que recende. É orixinaria da India e existen dous tipos deste fermoso alimento: o chinés e o assam, provachedelos?
Normalmente emprégase para facer infusións e este cultívase nos seguintes lugares: Asia, África e América. Se non o prováchedes nunca, aconséllovolo, porque está ri´quísimo, ademáis, ten unha pinta estupenda!!!!!!!!!
Se queredes saber máis sobre o té premede no título.
Rosalía

Etiquetas: ,

28/04/09

O sal


O sal é unha substancia branca e cristalina que se disolve na auga. Esté encóntrase no mar nunha cantidade de 30kg por metro cúbico. Obtense en minas de evaporación chamadas salinas. A min, unha comida que teña pouca sal non me gusta. ¿Sabedes que tamen se pode atopar en estado natural? Nas Baleares hai unha montaña de sal, algo incrible, ¿verdade?. Nos Estados Unidos hai, tamen, un sitio onde o sal é de sal. Chamase o "Val da Morte", vai nome. Non vos quero enredar máis.


Rosalía

Etiquetas: , ,

22/04/09

Marineda plaza

Marineda plaza é o nome do novo centro comercial que se abrirá en Coruña. Será o máis grande de Galicia, cuns 170.000 metros cadrados. O edificio que vedes a dereita é a tenda de mobles "Ikea", case máis grande cao propio centro comercial. É tan grande que ata terá pistas de esquí dentro!!!! O malo é que aínda falta un ano pra que abra. Teremos que esperar sentados.

Rosalía

Etiquetas: ,

14/04/09

Oporto


Esta imaxe que vedes aquí é Oporto, nos chamámoslle así pero os portugueses chámanlle "Porto".
Esta cidade está separada de Gaia polo famoso río Douro, un río que todos coñecemos xa que é un dos máis coñecidos da Península Ibérica, estas dúas cidades están unidas pola ponte que vedes na imaxe.
Esta cidade ten moitos turistas xa que é unha cidade moi vella e por iso ten moitos castelos e monumentos.
Falemos das cousas bonitas que podemos ver alí. A praza da liberdade, plaza e paseo do riveiro do Douro, tamén había un funicular no que podías ver toda a cidade dende unhas alturas consideradas.
Se queredes saber máis sobre esta cidade premede aquí.
Aquí remata a miña entrada, espero que vos gustara.
Rosalía

Etiquetas: , ,

01/04/09

Normas da Aula



Á terceirá bala vencida, con esto quero dicir que é a terceira vez que nos poñen unhas normas na aula. Pídolle a toda a miña clase que as cumpra e se por se acaso non sabedes cales son póñoas a continuación.


  • Cando chegue o profesor, todo o mundo debe estar sentado e cos libros das dúas horas seguintes na mesa.
  • Despois do recreo, todo o mundo debe estar calado, xa non digo calado, sen chillar.
  • Non contestar ao profesor cando che riñe.
  • Estar ben sentado.
  • Cando se está na hora de clase e o profesor non está na aula, todo o mundo calado.

Polo menos só estas. Cruzemos os dedos para que todo o mundo as cumpra.

Rosalía

Etiquetas: ,

27/03/09

O ano que eu nacín



ESPERAMOS QUE VOS GUSTE

Etiquetas: , , ,

25/03/09

A orixe dos nosos nomes





Agora ímosvos contar unha cousa cousiña cousa. Esperemos que vos guste !





Erase unha vez tres carapuchiñas. Unha chamábase Miriam, outra Rosalía e a última chamábase Mónica.

A nai era adiviña e un día decidiu contarlles as súas fillas de onde viñan os seus fermosos nomes.


Miriam: de orixe hebrea, procedente de María e que viña dunha deusa moi fermosa.


Miriam alegrouse moitísimo, pensou que de maior chegaría a ser unha deusa.



Rosalía: viña de rosa pequena, do latín, procedía tamén dunhas festas chamadas rosalías.


Esta alegrouse aínda máis, porque a ela encantábanlle as flores.



Mónica: Viña da palabra grega "mono" que significaba solitario.


Esta entristeceuse moito porque pensou que de maior ía ser unha mona.



No ano 1996, dez anos despois do ocorrido chegou un mono a súa casa e díxolles:

-Sabedes?, mañá haberá unha festa chamada "Deus das rosalías", todos os invitados serán monos. Queredes vir?

As tres asentiron e ao día seguinte alá foron as tres xuntas e contentas.

Dende ese día quedaron para elas esas terras e todos os habitantes son monos.

Miriam é a deusa, Rosalía a que leva a cargo a festa e Mónica é a encargada das invitacións para os monos .


FIN

Miriam, Rosalía e Mónica

Etiquetas: , ,

24/03/09

Delunsavenres


Hoxe vou falar do xornal "delunsavenres", o que me faltaba. Teño que dicir que non é o meu xornal prefirido nen moito menos. Nel podes encontrar novas de todo tipo. É un xornal gratuíto, por iso non é tan gordo e no contén tantas seccións. Para falar entre nos, é un xornal para botarlle unha ollada mentres esperas o autobús. Non vos quero liar máis.
Se queredes ver as súas noticias día a día premede na imaxe.
Rosalía

Etiquetas: , ,

18/03/09

Bus


Eu tamén fixen un bus.

Rosalía

Etiquetas: ,

13/03/09

Atención

Vouvor pidir un favor. Poñede nos comentarios o nome das vosas minicitys porque non me acordo de todos e non os podo visitar. Por certo, o meu é Vila Ruíz, non vos olvidedes do til. Fixen outra do noso blog chamada 1º ESO.
Visitádeas porfa!!!!!

Rosalía

Etiquetas: ,

Mulleres: María Josefa

O seu nome completo é María Josefa Wonenburger Planells. Naceu en Montrove o día 19 de xullo do 1927 na Coruña. Estudiou no instituto Eusebio da Guarda. No ano 1945 foi trasladada a Madrid na "Residencia de Señoritas". Tras a sua carreira en 1950 obtén o título de matemática na "Universidade Central de Madrid". Comezou cos seus primeiros contactos matemáticos, todos eles homes. No 1957 doctorouse na "Universidade de Yale". O que queremos destacar máis é que foi unha das mulleres máis importantes españolas matemáticas.

Vaia vida tan atareada a súa, non?

Se queredes coñecer máis a esta muller tan ataereada premede aquí.

Arlette e Rosalía.

Etiquetas: , ,

11/03/09

O Xornal de Galicia


Hoxe vou falar do Xornal de Galicia. Xa que falei da Voz de Galicia tamén terei que falar deste xornal. Éste non é moi antigo xa que se estreou o ano pasado. Nel podemos encontrar moitas clases de noticias, de todos os tipos e temas. Hai que dicir que hai moitas máis noticias en castelán que en galego. Votádelle unha ollada a ver se vos gusta.
Se queredes velo día a día no ordenador entrade nesta páxina.
Rosalía

Etiquetas: ,