Ideas para celebrar o Día da Árbore
preme na imaxe
Usa papel reciclado e así evitarás que se corten árbores, que se realicen monocultivos e axudarás a aforrar enerxía e auga. Non esquezas levar o papel vello ao contedor azul!
Merca productos co selo FSC, isto é unha eco-etiqueta FSC que locen algúns productos e que indica que procede dunha explotación forestal ambientalmente apropiada, socialmente xusta e económicamente viábel.
Que as árbores non te impidan ver o monte, e as dunas, e as matogueiras…: as árbores son as especies típicas que se plantan neste día forestal, pero pensa que o bosque é un ecosistema máis dos moitos que temos na nosa terra (dunas, turbeiras, montañas, etc).
Evita as madeiras tropicais: a hora de mercar un moble evita as madeiras tropicais, moitas delas proceden da extracción ilegal, nas que ademáis de arrasar con bosques enteiros expulsan as poboacións indíxenas que dende fai centos de anos ocupan esas terras.
Reúsa madeira vella: a hora de facer traballos da horta ou no xardín emprega madeiras vellas ou usadas. As táboas dun palé usado ben poden empregarse para facer un pequeno valado ou un composteiro. Recorda que o “R” de reúsar é a seguinte en importancia logo do “R” de reducir.
Reivindica plantacións con árbores autóctonas.
Colabora na eliminación de especies invasoras: moitas especies alóctonas están a desprazar e invadir espazos de vexetación autóctona.
3 comentarios:
hoxe en día hai moita xente que non fai bo uso coa natureza, seguide estes consellos, son moi bos.
Jessica
Gustoume moito a idea de plantar un xardín botánico.
Mónica
Nalgunhas árbores non aparecían os nomes e é unha pena xa que algúns eran moi bonitos.
Isabel
Publicar un comentario
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio