O gratuíto 'ADN-LV' alcanza hoxe os 500 números
O xornal gratuíto 'LV. De Luns a Venres', do Grupo El Progreso, chega hoxe ao seu número 500 cunha maior presenza nas sete principais cidades galegas e cun incremento do número de lectores.
Fundado en decembro de 2006, o primeiro diario gratuíto galego e en galego apenas leva dous anos e tres meses no mercado e xa se converteu no segundo periódico da comunidade autónoma con maior tirada (50.000 exemplares), incluídos os medios de pago.
O xornal que agora alcanza o medio milleiro de números conta, ademais, con versión dixital (http://lv.galiciae.com/).Esta páxina de internet é actualizada permanentemente e desde ela pódese descargar en formato PDF o xornal en papel .
'ADN-LV' é un diario concibido para un tipo de lector urbano e esixente que busca unha visión ampla da actualidade de forma concisa e directa. De toda a prensa gratuíta, é o que ofrece un maior número de noticias relacionadas con Galicia, o que explica a súa excelente acollida,
1 comentarios:
A min gustame moito, dos que estan en galego é o meu preferido.
Isabel
Publicar un comentario
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio