06/03/09

A Voz de Galicia


Esta entrada voulla adicar ao xornal máis vendido de Galicia. É un xornal con moitas seccións, a min, a que máis me gusta é "A Voz da Escola", xa que aparecen cousas moi interesantes para a nosa idade. Tamén me gusta moito a sección dos pasatempos, nela, podemos encontrar xogos coma o sudoku, a sopa de letras, as diferenzas... Tampouco nos teñen que gustar a todos as mesmas seccións, eu só estou dando a miña opinión.
Por certo, recórdovos que a semana que ven ímola adicar ao xornal.
Se queredes saber máis sobre este periódico premede aquí.
Se queredes ver este xornal día a día premede aquí.

Rosalía

Etiquetas: ,

2 comentarios:

Blogger 1ºieselvina dixo...

Rosalía, cambie a ligazón da Voz para que saia en galego... non sabías que se podía facer? Pepa

07/03/09, 15:10  
Blogger 1ºieselvina dixo...

O periodico.... hehe antes eu non leía ningún periodico pero agora coa voz de galicia no colexio acostumeime.
Un bico

Mónica

20/03/09, 12:01  

Publicar un comentario

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio