19/05/09


O velagullas é un trasno pequeno, que está sen traballo desde que foi inventado o acerico para xastres e modistas.O velagullas estaba ao servizo da xente de agulla, e buscaba, para restituílas á man do dono as agullas perdidas no chan, ou nas teas. Polos seus servizos non cobraba nada, pero dise que algúns xastres tratárono, e fixéronlle monteiras, e algunhas costureiras camisas. Polo San Xoán marchaba e non regresaba ata o outono. Din que desapareceu do noso país cando chegaron as primeiras máquinas de coser. Un xastre de Lugo, que tiña moi perfecto o corte do entalle das levitas dos aristócratas, mercou unha. Un velagullas que andaba por alí, fixo augas menores pola máquina. No Brasil hai trasnos moi semellantes ao Velagullas, que deben ser parentes emigrados do noso, que deberon ir a Río ou Bahía entre a roupa dun de Pontecaldelas.


Ilustración: Santy Gutiérrez.

Etiquetas: ,

5 comentarios:

Blogger 1ºieselvina dixo...

É verdade para San Xoán queda moi pouco. O santo do meu pai.

Isabel

19/05/09, 18:14  
Blogger 1ºieselvina dixo...

¿Quen o fixo? falta o título.

Isabel

19/05/09, 18:15  
Blogger 1ºieselvina dixo...

Esta moi ven o do velagullas eu non escoitara nada del.

Quen o fixo?

Lucía

19/05/09, 19:23  
Blogger 1ºieselvina dixo...

fixeno eu... pepa... a ver se vos animades... que tal todo?
hai unha páxina... creo que galicia encantada que conta cousas deste tipo... buscade

19/05/09, 19:59  
Blogger 1ºieselvina dixo...

Que gracioso o trasno.
Mónica

22/05/09, 23:56  

Publicar un comentario

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio