17/11/08

"La Voz De Galicia"


Encontran no río Tambre o cadáver do santiagués desaparecido o pasado luns.


Submarinistas do Grupo de Actividades Subacuáticas da Garda Civil atoparon ás 11.00 horas de hoxe no río Tambre o cadáver de José Ignacio Ramos Aldrey, o veciño de Santiago ao que a súa familia buscaba desde o pasado luns. O corpo foi achado a uns cincuenta metros da ponte de Ponche Alvar, onde o curso do Tambre divide os municipios de Santiago e Trazo. A procura na zona iniciouse onte, cando se localizou estacionado na zona o Seat Córdoba de cor azul propiedade de José Ignacio, co cal abandonara o luns pasado o seu domiclio de Aríns para ir traballar. A súa desaparición foi denunciada na comisaría de Santiago o día 11, unha vez que este operario da construción de 47 anos, pai de dous fillos, non regresase a casa á hora habitual. O cadáver foi trasladado ao Hospital de Conxo, en Santiago, onde o exame forense deberá determinar as causas da morte.






Alba Vidal Paz

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio