12/12/08

O Nadal Galego

Que ganas temos de que chegue o Nadal.

Estivemos buscando nunha web e encontramos cousas interesantes sobre como celebramos en Galicia o Nadal.

O Belén
Nos pobos de tradición católica, o nacemento de Xesús nun pesebre de Belén represéntase con réplicas deste momento: o pesebre, o boi e a mula, Xosé, María e Xesús, os pastores e os Reis Magos forman parte da simboloxía popular iniciada por San Francisco de Asís en 1223, según conta a lenda. En España foi a dona de Carlos III quen levou á Corte unhas figuriñas de porcelana procedentes de Nápoles e que representaban o Nadal. Prendado deste nacemento, o monarca mandou traer un Belén completo para o seu fillo e mandou crear unha fábrica de porcelana.

A Estrela

É o símbolo da guía: a que levou ós Magos ata Belén para adorar a Xesús no pesebre. Soe colocarse na punta da árbore de Nadal, ou sobre o Portal na representación do nacemento.

O Arbore

A colocación do pino de nadal é unha tradición anterior á cristiandade e provén da cultura celta onde soía celebrarse a cegada do inverno colocando unha árbore –xeralmente un abeto- no centro do pobo adornado con cáscara e ovo pintadas. Algunhas investigacións especifican que esta árbore estaba presente nas ceremonias da primitiva Roma, sendo conservado polo cristianismo que o adornou con obxectos brilantes e velas que representaban o sol, a lúa e as estrelas. Foi cara o século XVI cando Marín Lutero e os seus seguidores adaptaron este costume e introduciron a árbore adornada con velas na noite do 24 de decembro en fogares e templos. Existe paralelamente a lenda dun misioneiro inglés que difundía a palabra de Xesús entre as tribus do norte de Alemania. Ó chegar a Geismar viu como pretendían sacrificar a un príncipe atado ó tronco dunha árbore para ser ofrecido ó deus Thor. Irrumpindo na ceremonia, o misioneiro derribou a árbore cunha hacha, brotando nese mesmo intre un fermoso pino que, según a lenda, era a proba da vida nova que representaba Xesús. Posteriormente, o príncipe Alberto, home da raíña Victoria, popularizou esta tradición no século XIX, difundíndose polo mundo.

Etiquetas: , ,

8 comentarios:

Blogger 1ºieselvina dixo...

¿QUEN O FIXO? E por certo non estaía mal que o reduceras é moito .Esta moi ben .

Isabel

12/12/08, 14:51  
Blogger 1ºieselvina dixo...

impresionante moi bo moitas cousas que non sabia sobre o nadal

dario

12/12/08, 16:51  
Blogger 1ºieselvina dixo...

Esta moi ben pero quen o fixo?

Lucía

12/12/08, 20:57  
Blogger 1ºieselvina dixo...

Esta moi ben quen o fixo?

12/12/08, 22:06  
Blogger 1ºieselvina dixo...

É moi longo quen o fixo?



Ivan

14/12/08, 17:23  
Blogger 1ºieselvina dixo...

no será un corta e pega? convén reducir a información, despois de centrifugala na cabeciña. Pepa...
Paréceme de Alba?

14/12/08, 18:55  
Blogger 1ºieselvina dixo...

hai que reducir o texto que é moi longo, pero non está mal...

Un bico


Mónica

17/12/08, 15:07  
Blogger 1ºieselvina dixo...

Hola son alba poi si profe fixeno eu pero tamen Mishell he he!

si é un corta e pega pero e que o fixemos en clase e non pudemos acabar e dinlle a cortar e pegar(o que esta en letra diferente)


Alba

17/12/08, 16:51  

Publicar un comentario

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio