22/01/09

Navegar

¿ De que está feito o mar ?
O mar non é de auga nin sal,
é de estrelas que queren brillar.
De estrelas de prata
convertidas en peixes.
De estrelas verdes
ganduxadas nas algas.
De estrelas brancas
que engaiolan escumas.
De estrelas de area
que adormecen nas furmas.
¿ Quen collerá as estrelas do mar ?
Aquel mariñeiro que vai navegar.
Ana María Fernández.
Do libro Amar e outros verbos.


Este poema a mín gustoume xa que eu non encontro mellor maneira de describir o mar.


Feito por Isabel

Etiquetas: , ,

2 comentarios:

Blogger 1ºieselvina dixo...

Isa, sería conveniente que citases o nome da autora e o título do libro, facendo unha pequena introdución ou ben un epílogo. Pepa

20/01/09, 14:52  
Blogger 1ºieselvina dixo...

Profe podíasme prestar ese libro porfavor?
Un bico

Mónica

22/01/09, 20:37  

Publicar un comentario

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio