08/03/09

Sabías que...?

– as mulleres cobren o 67% de horas de traballo do mundo,pero só gañan o 10% e son propietarias do 1%? (EL País)

– un tercio das familias de todo o mundo está a cargo de mulleres (PNUD) – as españolas dedican unha hora diaria ao coidado das súas criaturas, mentres que os españois, só 13 minutos (Instituto de la Mujer)

– os países que investiron en educación feminina benefícianse dunha maior productividade económica (BM)

– dentro de 474 anos haberá igualdade laboral entre homes e mulleres (Oficina Internacional do Traballo, OIT)

– cen millóns de nenas foron sometidas a mutilacións xenitais (PNUD)


– por cada ano de escolarización da muller, o seu índice de fertilidade descende entre un 5% e un 10% (ONU)


– un tercio das mulleres de Estados Unidos, Barbados, Países Baixos, Canadá Noruega e Nova Celandia sufriron malos tratos sexuais na infancia (PNUD)
– en Suecia, as vantaxes por maternidade inclúen 15 meses de baixa para a nai e 18 de ausencia para o pai (EL País)

– unha de cada seis mulleres sufriu unha violación na súa vida e cen millóns de nenas padecen mutilacións nos xenitais (ONU)

– «Non hai actualmente ningunha sociedade onde as mulleres dispoñan de iguais oportunidades que os homes (...) persiste unha disputa xeneralizada de desigualdade entre as mulleres e os homes en canto ao seu acceso á educación, á saúde e á nutrición, e aínda máis na súa participación nas esferas económica e política»(PNUD)

Etiquetas:

2 comentarios:

Blogger 1ºieselvina dixo...

É moi interesante non sabía eu todo iso.
Mónica

20/03/09, 12:16  
Blogger 1ºieselvina dixo...

Esto non pode seguir así. PODEMOS conseguir millorar o mundo.

Isabel

22/03/09, 18:11  

Publicar un comentario

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio