18 a serie
18 narra o difícil paso á maioría de idade dun grupo de mozos que integran un grupo de música e outro de baile.
Así é a nova serie.... Un grupo de mozos que comparte a mesma idade, os dezasete anos, está a piques de afrontar o temido salto á maioría de idade. Trátase dun momento no que as decisións que se van tomando prefijan como vai ser o seu futuro; pero igualmente, trátase dun tempo no que todo é presente....Natalia, unha moza idealista e cantante do grupo de música 18 RDC (ritmo da rúa) é o centro da historia. A moza trata de pescudar quen matou ao seu irmán Sergio. Para iso iniciará unha investigación xunto ao mellor amigo do seu irmán, Diego, un mozo rebelde enfrontado á súa familia polo soño de bailar. Esta historia de misterio é o núcleo da serie, e a través dela xurdirá algo máis forte que unha simple amizade entre os dous protagonistas.Ao redor deles; a vida dos seus amigos: os seus primeiros amores e as súas esperanzas. Triunfos e fracasos dun grupo de mozos cuxas vidas viran, principalmente, ao redor da música e o baile. Todo iso sen esquecer a contorna familiar, que tanto problema carrexa a esta difícil idade.
Alba
Etiquetas: alba, televisión
6 comentarios:
Estou enganchada a esta serie.
Rosalía
Cantas cousas ocorren.
Isabel
eu tamben fixo un traballo sobre a serie
arlette
arlette,perdon por copiarche o traballo e que non me dera conta
Alba
Estiven escoitando a caníón e se me pegou a cabeza.
PST:xa sei que antes che firmei.
Isabel
heheehe eu a quero ver pero nunca a dou visto cando é?
Un bico
Mónica ;)
Publicar un comentario
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio