Aparellos de gran uso
O ordenador
Sen darnos de conta podemos estar nel moito tempo. A media de tempo que pasa un estudante no ordenador é de 2 ou 3 horas, impresiona verdade? Esta máquina consta de varias partes: o monitor, o teclado, o ratón e o ordenador mesmo.
O televisor
O televisor é sen dúbida o aparello electrónico máis usado. A media de tempo que unha persoa ve o televisor ao día é de 4 ou 5 horas. Vosoutros diredes "Vaia parvada" pero é certo. Agora existen televisores máis avanzados, antes eran como a que aparece na fotografía. As súas partes son: O mando e a pantalla.
O teléfono
O teléfono é o aparello máis utilizado polas nais e fillas (fillos non). As nais cando se poñen a falar cunha amiga pásanse 1 ou 2 horas falando, eu non sei o que se teñen que contar, xa que falan todos os días. En canto as fillas, tamén o utilizamos bastante aínda que non con tanta frecuencia. Agora xa existen os móbiles que non o explico porque todos sabedes o que é. Solo consta dunha parte.
Se queredes saber máis sobre o ordenador, o televisor ou o teléfono premede nas imaxes.
Rosalía
Etiquetas: curiosidades, Rosalía
2 comentarios:
Eu mo creo, eu son un caso.No outro cambie a data por que , non é por votar as culpas a ninguen,senon que duas persoas a cambiarón,non ti, e quedabame moi abaixo.
Isabel
APARELLOS MOI UTILIZADOS SI, SI,O QUE MAIS UTILIZO EU É A TELEVISIÓN.
UN BICO
MÓNICA
Publicar un comentario
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio