25/03/09

A orixe dos nosos nomes





Agora ímosvos contar unha cousa cousiña cousa. Esperemos que vos guste !





Erase unha vez tres carapuchiñas. Unha chamábase Miriam, outra Rosalía e a última chamábase Mónica.

A nai era adiviña e un día decidiu contarlles as súas fillas de onde viñan os seus fermosos nomes.


Miriam: de orixe hebrea, procedente de María e que viña dunha deusa moi fermosa.


Miriam alegrouse moitísimo, pensou que de maior chegaría a ser unha deusa.



Rosalía: viña de rosa pequena, do latín, procedía tamén dunhas festas chamadas rosalías.


Esta alegrouse aínda máis, porque a ela encantábanlle as flores.



Mónica: Viña da palabra grega "mono" que significaba solitario.


Esta entristeceuse moito porque pensou que de maior ía ser unha mona.



No ano 1996, dez anos despois do ocorrido chegou un mono a súa casa e díxolles:

-Sabedes?, mañá haberá unha festa chamada "Deus das rosalías", todos os invitados serán monos. Queredes vir?

As tres asentiron e ao día seguinte alá foron as tres xuntas e contentas.

Dende ese día quedaron para elas esas terras e todos os habitantes son monos.

Miriam é a deusa, Rosalía a que leva a cargo a festa e Mónica é a encargada das invitacións para os monos .


FIN

Miriam, Rosalía e Mónica

Etiquetas: , ,

4 comentarios:

Blogger 1ºieselvina dixo...

Está moi ben. Creo que podo faceros un comentario antes da presentación digo eu.

Isabel

27/03/09, 19:39  
Blogger 1ºieselvina dixo...

isa... facervos, porfa, ten coidado coa expresión , pepa

28/03/09, 12:51  
Blogger 1ºieselvina dixo...

que chulo¿cómo se vos ocurriu?

está moi ben, gustame o conto

02/04/09, 20:33  
Blogger 1ºieselvina dixo...

alex

02/04/09, 20:33  

Publicar un comentario

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio