23/01/09

Que ben se está na casiña!

O temporal converteu o venres en festa e o vento oubea entre as árbores.
Aproveitade para traballar un pouco o blog - entradiñas, comentarios, lectura do que fixeron os nosos compañeiros e compañeiras, ver videos...- e tamén adestrar nos exercicios que contén.

Imos poñernos de acordo nun tema: non imos alterar a data das entradiñas, pois se o facemos parece que nunca hai novidades.

E non vos esquezades de LER este longo finde.

Non vos esquezades de min, que ata o martes á tarde non nos vemos -faremos unha pequena proba de verbos.

E tamén pasádeo ben.

Tentarei amañar un pouco o lío que temos de Marcadores, así que, por favor, só poñede o voso nome a ver se simplificamos a clasificación.

Etiquetas:

2 comentarios:

Blogger 1ºieselvina dixo...

Tes razón profe a por certo sintoo por todas as faltas que tiven na entrada perdoa.
Un bico

Mónica :)

23/01/09, 13:47  
Blogger 1ºieselvina dixo...

Perdimos o exame de hoxe.Eu está fin de semana intentarei mellorar os meus traballos do blog.

Isabel

23/01/09, 14:25  

Publicar un comentario

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio