A paga da semana
Unha tarde , un pequeno acercouse a súa nai. Ela estaba preparando a cea na cociña , e o neno entregoulle unha folla de papel na que había escrito algo . Despois de secar as mans e quitar o delantal , leu o que dicía a nota:
- Cortar o césped do xardín .......... 10.00 $
- Coidar o meu irmán ..................... 5.00$
- Ir á mercar o pan ...................... 0.50$
- Sacar o can a pasear .................... 2.50$
- Ter boas notas ............................. 30.00$
- Limpar o patio ............................. 5.00$
- TOTAL PENDENTE ------------ 53.00$
A nai mirouno fixamente mentras el gardaba expectante . Ela colleu un lapis e na outra cara da mesma folla anotou:
- Por levarte nove meses no meu ventre e darte vida ......... 0$
- Polo temor e as preocupacións cando enfermabas ............. 0$
- Por tantas noites de desvelos , curarte e rezar por tí ........ 0$
- Por agarrarte da man e darte apoio ..................................... 0$
- Pola comida , roupa e educación .......................................... 0$
- Pola alegría e o amor da nosa familia ................................... 0$
- TOTAL PENDENTE ---------------------------------- 00$
Cando o neno terminou de ler o que escribera a súa nai , tiña os ollos cheos de lágrimas e dixo: " Querote , mamá " . Logo colleu o lapis e escribíu con letra moi grande :
PENDENTE TOTALMENTE PAGADO
A veces , as persoas somos como nenos : sempre queremos unha recompensa polas boas accións que realizamos . É difícil entender que a mellor recompensa é o amor e que , por sorte é totalmente GRATIS
Bicos a todos , dedicado a todas as nais ,especialmente a miña .
Pepa botamosche de menos esperamos que volvas pronto !!!!
MIRIAM
Etiquetas: curiosidades, Miriam
5 comentarios:
Ohh que lindo. Dame ganas de chorar.
Isabel
Este comentario foi eliminado polo autor.
Que bonitooooo.
Lucía
Moi bonito Miriam... tes un gran corazón... Marquei os erros ortográficos.. a ver se es capaz de solucionalos.... Unha aperta. Pepa.
eSTAS FEITA UNHA POETA NENA, HEHE PRECIOSO.
UN BICO
MÓNICA
Publicar un comentario
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio