17/05/09

A paga da semana

Unha tarde , un pequeno acercouse a súa nai. Ela estaba preparando a cea na cociña , e o neno entregoulle unha folla de papel na que había escrito algo . Despois de secar as mans e quitar o delantal , leu o que dicía a nota:

  • Cortar o césped do xardín .......... 10.00 $
  • Coidar o meu irmán ..................... 5.00$
  • Ir á mercar o pan ...................... 0.50$
  • Sacar o can a pasear .................... 2.50$
  • Ter boas notas ............................. 30.00$
  • Limpar o patio ............................. 5.00$
  • TOTAL PENDENTE ------------ 53.00$

A nai mirouno fixamente mentras el gardaba expectante . Ela colleu un lapis e na outra cara da mesma folla anotou:

  • Por levarte nove meses no meu ventre e darte vida ......... 0$
  • Polo temor e as preocupacións cando enfermabas ............. 0$
  • Por tantas noites de desvelos , curarte e rezar por tí ........ 0$
  • Por agarrarte da man e darte apoio ..................................... 0$
  • Pola comida , roupa e educación .......................................... 0$
  • Pola alegría e o amor da nosa familia ................................... 0$
  • TOTAL PENDENTE ---------------------------------- 00$

Cando o neno terminou de ler o que escribera a súa nai , tiña os ollos cheos de lágrimas e dixo: " Querote , mamá " . Logo colleu o lapis e escribíu con letra moi grande :

PENDENTE TOTALMENTE PAGADO

A veces , as persoas somos como nenos : sempre queremos unha recompensa polas boas accións que realizamos . É difícil entender que a mellor recompensa é o amor e que , por sorte é totalmente GRATIS

Bicos a todos , dedicado a todas as nais ,especialmente a miña .

Pepa botamosche de menos esperamos que volvas pronto !!!!

MIRIAM

Etiquetas: ,

5 comentarios:

Blogger 1ºieselvina dixo...

Ohh que lindo. Dame ganas de chorar.

Isabel

17/05/09, 13:14  
Blogger 1ºieselvina dixo...

Este comentario foi eliminado polo autor.

17/05/09, 13:14  
Blogger 1ºieselvina dixo...

Que bonitooooo.

Lucía

17/05/09, 20:06  
Blogger 1ºieselvina dixo...

Moi bonito Miriam... tes un gran corazón... Marquei os erros ortográficos.. a ver se es capaz de solucionalos.... Unha aperta. Pepa.

17/05/09, 20:09  
Blogger 1ºieselvina dixo...

eSTAS FEITA UNHA POETA NENA, HEHE PRECIOSO.
UN BICO
MÓNICA

22/05/09, 23:40  

Publicar un comentario

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio