04/07/09

Coñecemos ao pintor Laxeiro


LAXEIRO naceu en 1908 en Lalín. O seu nome real era José Otero Abeledo.

A Laxeiro gustáballe fusionar nos seus cadros diferentes estilos e técnicas pictóricas.

Tamén era un espello da realidade galega do seu tempo, reflectida na paisaxe, na etnografía, costumes, festas, celebracións,...


Fai unha arte ligada a Galicia, inspirándose na paisaxe e nas tradicións galegas achegándose á escultura románica e tomando dela a textura, imitando a rugosidade da pedra ( o que lle chamamos ESTÉTICA DO GRANITO).


A pintura abstracta tamén é moi importante en Laxeiro. a cor ten unha grande importancia posto que introduce na arte galega unha nova gama cromática.


Etiquetas: ,

03/07/09

Ramón Gómez de la Serna

Pinchade na imaxe para saber máis.

Feito por Isabel

Etiquetas: , , ,

02/07/09

Mayumana

Se non podes ir á praia polo mal tempo.... monta unha actuación....



Se queres ver o grupo orixinal preme aquí

Os Mayumana foron fundados em 1996 por Eylon Nuphar e Boaz Berman. Ambos percusionistas, hai moito que ambicionabam criar um espectáculo rítmico no cal poidesen combinar elementos provenientes de várias artes. "Procurábamos humor e unha centella de loucura, xuntos cun ritmo empolgante".

Etiquetas: ,

01/07/09

Dez pasos e .... a ler


1.- Escolla unha data para comezar a ler e respéctea.
2.- Evite comezar por libros considerados de pouca calidade, pode que o título despois lle decepcione por non reflectir a realidade e pode destruír a mellor das intencións.
3.- Líbrese de todos os móbiles, playstation, dvd's e afíns que teña preto.
4.- Despois de comezar a ler non pode parar sen, polo menos, chegar ao remate do primeiro capítulo; deixalo no medio aumenta considerablemente o risco de desistir antes mesmo de ter comezado.
5.- Para automotivarse, pense moitas veces en todos os beneficios da lectura.
6.- Pida ás persoas que están ao seu arredor que non bocexen nin se deiten no sofá a ver os programas de televisión que pasan en prime time.
7.- Pida axuda a un profesional -pode ser un libreiro, un editor, un profesor...- ou participe en fórums e blogues da especialidade. Estas comunidades de lectores axudarano a integrarse máis facilmente na súa nova realidade.
8.- Cambie de hábitos para evitar locais onde poida convivir con persoas completamente desinteresadas.
9.- Non faga pausas demasiado longas e compleménteas coa lectura dun xornal, revista, de banda deseñada ou dunha historia infantil.
10.- Parabéns. Se chegou ata aquí é porque xa é un bo lector. Mentres, evite os entusiasmos esaxerados, como, por exemplo, pasar a considerarse un intelectual.

Etiquetas: ,


PARABÉNS, ROSALÍA!

Etiquetas:

A voltas co planeta

Este vídeo amosa graficamente os efectos nocivos das pesticidas.


Pesticides from Designflux : Devoted to Motion on Vimeo.

Etiquetas:

29/06/09

No verán ... un libro na man

Etiquetas: ,

Despedida de Xulia

Tras esta interesante experiencia no IES de Elviña, quería despedirme de todos vós desexándovos unhas boas vacacións e dándolle os parabéns a Pepa polo seu labor convosco e agradecéndolle a súa atención comigo. Espero que ao final a miña estancia no centro resultase produtiva e que todos esteades contentos coas notas. Aqueles que non superaron a materia que non se esquezan de repasar un pouquiño. Un bico para todos. Consultarei o blog para seguir en contacto.