28/03/09
Os dez mandamentos verdes
View more presentations from oclubdasideas.
27/03/09
!Actúa¡
Para combater o cambio climático fan por todo o mundo unha campaña na que entre as 8.30 pm e as 9.30 pm do sábado vanse apagar as luces. Apúntate á campaña. É só unha hora na que podes axudar ao planeta.
! ACTÚA ¡
Feito por Isabel
Etiquetas: curiosidades, Isabel, natureza
O ano que eu nacín
Ano 1996
View more presentations from primeiroeso.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE
Etiquetas: actividades, Miriam, Mónica, Rosalía
25/03/09
A orixe dos nosos nomes

Agora ímosvos contar unha cousa cousiña cousa. Esperemos que vos guste !
Erase unha vez tres carapuchiñas. Unha chamábase Miriam, outra Rosalía e a última chamábase Mónica.
A nai era adiviña e un día decidiu contarlles as súas fillas de onde viñan os seus fermosos nomes.
Miriam: de orixe hebrea, procedente de María e que viña dunha deusa moi fermosa.
Miriam alegrouse moitísimo, pensou que de maior chegaría a ser unha deusa.
Rosalía: viña de rosa pequena, do latín, procedía tamén dunhas festas chamadas rosalías.
Esta alegrouse aínda máis, porque a ela encantábanlle as flores.
Mónica: Viña da palabra grega "mono" que significaba solitario.
Esta entristeceuse moito porque pensou que de maior ía ser unha mona.
No ano 1996, dez anos despois do ocorrido chegou un mono a súa casa e díxolles:
-Sabedes?, mañá haberá unha festa chamada "Deus das rosalías", todos os invitados serán monos. Queredes vir?
As tres asentiron e ao día seguinte alá foron as tres xuntas e contentas.
Dende ese día quedaron para elas esas terras e todos os habitantes son monos.
Miriam é a deusa, Rosalía a que leva a cargo a festa e Mónica é a encargada das invitacións para os monos .
FIN
Miriam, Rosalía e Mónica
Cinco motivos para ler poesía

1.- A poesía non morde, non fai dano e, aínda que hai quen pense o contrario, non é aburrida, nin romanticona, nin ridícula, nin difícil. E hai moitos tipos de poesía para que elixamos.
2.- A poesía serve para ler, cantar, gritar, recitar, rapear, musicar, declararse, rebelarse contra o mundo ou para sinxelamente rumorear suave ao oído.
3.- Os poemas son como caixas de ferramentas, valen para todo.
4.- A poesía está nas cousas que nos rodean a diario.
5.- O importante da poesía non é obsesionarse con descifrala (besito tarantino), senón saber gozala, sentila, e intuíla.
Preme no título para saber máis
2.- A poesía serve para ler, cantar, gritar, recitar, rapear, musicar, declararse, rebelarse contra o mundo ou para sinxelamente rumorear suave ao oído.
3.- Os poemas son como caixas de ferramentas, valen para todo.
4.- A poesía está nas cousas que nos rodean a diario.
5.- O importante da poesía non é obsesionarse con descifrala (besito tarantino), senón saber gozala, sentila, e intuíla.
Preme no título para saber máis
Etiquetas: literatura
24/03/09
Delunsavenres

Hoxe vou falar do xornal "delunsavenres", o que me faltaba. Teño que dicir que non é o meu xornal prefirido nen moito menos. Nel podes encontrar novas de todo tipo. É un xornal gratuíto, por iso non é tan gordo e no contén tantas seccións. Para falar entre nos, é un xornal para botarlle unha ollada mentres esperas o autobús. Non vos quero liar máis.
Se queredes ver as súas noticias día a día premede na imaxe.
Rosalía
23/03/09
A poesía
Como estivemos a falar da poesía vouvos contar un poco o que é.
A poesía é unha expresión artística por medio de palabra, normalmente suxeita á medida e ritmo do verso. Tamén podo incluir que a poesía é un xénero literario no que se recurre as cualidades estéticas da linguaxe, máis que ao seu contido, e é unha das manifestacións artísticas máis antigas.
Vouvos poñer unha poesía en galego que encontrei buscando por internet, chamada LEMBRANZAS DO CAMIÑO:
Espero que vos guste
Un bico
Mónica
A poesía é unha expresión artística por medio de palabra, normalmente suxeita á medida e ritmo do verso. Tamén podo incluir que a poesía é un xénero literario no que se recurre as cualidades estéticas da linguaxe, máis que ao seu contido, e é unha das manifestacións artísticas máis antigas.
Vouvos poñer unha poesía en galego que encontrei buscando por internet, chamada LEMBRANZAS DO CAMIÑO:
Á sombra das árbores do camiño
atopéi, entre moitos espinos,
unha flor de fermoso corido.
Entre rochas e pedradas,
tropecéi pola montaña
co deber óra esquecido…
Sobre ríos e torrentes
recollín, pura e erosionada,
a razón que non lembraba.
Tornóume a mín no medio da nada,
Pura, a vida, repleta de esperanza.
Agora que non soaba
nin o repicar das fervenzas,
nin o vento entre a maleza
pura á vida,
lembróume o fermoso
do que se camiña.
Se queredes ver outra poesía en galego premede aqui.
Espero que vos guste
Un bico
Mónica
Etiquetas: Mónica
22/03/09
¿ CANDO VIVIREMOS COMA IRMÁNS ?
Pois aínda que non esteamos no día da paz , vou colgar este video que seguro que a moitos de vos sóanvos estas imaxes , porque o día da paz tiñan que ser os 365 días do ano , non só un .
Por este motivo xuntémonos todos coma irmáns dunha vez e deixémonos de tonterias dunha vez por todas
Espero que vos guste e que o disfrutedes .
miriam
Etiquetas: Miriam
Galicia

Poesía que me inventei
Aii miña Galicia canto fasme rir
tantas cousas que tes, non si?
Aqui en Galicia temos moitas cousas pero o que mais nos gusta son as langostas que temos nas costas.
temos o mar, que as veces nas festas imos bailar.
Aii miña Galicia canto fasme rir tantas cousas que tes, non si?
Se que non é moi boa pero espero que vos guste porque estiven pensando coa miña cabezola.
Mónica