15/01/09

Gracias a Winn-Dixie

Xa rematei o libro, e con el miles de historias que contiña. Aquí vai o resume.
Vai sobre unha nena que a abandoou a nai aos tres anos. Un día cando xa tiña dez, foi ao supermercado e encontrou un can que lle gustou e levouno pra casa. Chamouno Winn-Dixie e con el conseguiu moitos amigos. Un día reuniunos a todos pra facer unha festa e comezou a tronar. O can tiñalle pánico ás treboadas, entón fuxiu. India Opal, que é como se chamaba a nena, buscouno por todos lados, ata que... Iso tédelo que averiguar vós solos se o ledes.

Rosalía

Etiquetas: ,

12/01/09

Gracias a Win-Dixie

Vou falar do libro que estou lendo, que me deixaron hoxe e xa levo a metede porque me está gustando moito. Trata sobre unha nena que vai ao supermercado e ve un can que lle chama Winn Dixie e lévao pra casa. O pai que é predicador acólleo e ela grazas ao can fai moitos amigos. India Opal Buloni (que é o nome da nena) abandoara a nai e síntese soa, ao estar co can fai que se sinta mellor e menos solitaria.
Rosalía

Etiquetas: ,

18 a serie


18 narra o difícil paso á maioría de idade dun grupo de mozos que integran un grupo de música e outro de baile.
Así é a nova serie....
Un grupo de mozos que comparte a mesma idade, os dezasete anos, está a piques de afrontar o temido salto á maioría de idade. Trátase dun momento no que as decisións que se van tomando prefijan como vai ser o seu futuro; pero igualmente, trátase dun tempo no que todo é presente....Natalia, unha moza idealista e cantante do grupo de música 18 RDC (ritmo da rúa) é o centro da historia. A moza trata de pescudar quen matou ao seu irmán Sergio. Para iso iniciará unha investigación xunto ao mellor amigo do seu irmán, Diego, un mozo rebelde enfrontado á súa familia polo soño de bailar. Esta historia de misterio é o núcleo da serie, e a través dela xurdirá algo máis forte que unha simple amizade entre os dous protagonistas.Ao redor deles; a vida dos seus amigos: os seus primeiros amores e as súas esperanzas. Triunfos e fracasos dun grupo de mozos cuxas vidas viran, principalmente, ao redor da música e o baile. Todo iso sen esquecer a contorna familiar, que tanto problema carrexa a esta difícil idade.


Alba

Etiquetas: ,

PODER CANINO!


Esta é a miña cadela Diablina chegou a miña casa fai cousa de 8 anos mais ou menos, o día do cumpleanos da miña irmá , veu desde Madrid e.... ¿Sabedes que é o que fixo cando chegou a casa ?..... AS SUAS NECESIDADES, e aparte deso na alfonbra, a miña nai deulle un ataque, ainda por riba que non e que lle gusten moito os cadelos pero agora xa lle colleu cariño non me estraña e tan boiña.
O mais curioso é o seu nome, xa que veredes unha cousa ela e Diablina , como xa volo dixen , pero..... e que a sua familia tamén ten un nome moi peculiar: a súa nai é DIABLA ,o seu paí DIABLO , e como non a súa irmá DIABLILLA
Espero que vos gustase e que difrutedes ¡PODER canino!
miriam

Etiquetas: ,


¿Que sería sen o ies Elviña?



NON HABERÍA UNHA SEMANA ENTEIRA DE BOCADILLOS DE TORTILLA

NON TERIAMOS ESAS CLASES POLAS TARDES ONDE APRENDEMOS TANTO INGLÉS

NON COÑECERIAMOS A NOSA SUPER MESTRA PEPA "POR FAVOR"

NON ESTARIAMOS FACENDO ESTE BLOG

ALGUNS DE NOS NON PODERIAMOS IR A TEATRO CON RICARDO

NON FALARIAMOS UNS COS OUTROS

NON HABERIA DEBATES TAN CHACHIS DE PUGA- ELVIÑA

NON HABERIA EXCURSIONS COMO A VOZ DE GALICIA

NON AGUANTARIAMOS A MAIORIA DE NÓS A ESTAR TODA UNHA SEMANA NA CASA

ISTO QUE EU ACABO DE ESCRIBIR QUIZAIS PENSEDES QUE É POR COPIAR A ROSALÍA PERO NON E ASÍ POR QUE NON O FIXEN CON ESA INTENCIÓN E XA VOLO DIGO ANTES DE NADA !NON VAIA SER O DEMO¡


MENSAXE DIRIXIDO A PEPA : !XA ME ESTOU ESTREANDO NO BLOG¡ E PARECEME UNHA GRAN ESPERIENCIA

FEITO POR MIRIAM

Etiquetas: ,

O MEU LIBRO


Lino, orfo de pai mariñeiro, gustalle moito o mar pero non pode embarcar porque quedou eivado pola poliomelite. Un día de fin de ano, o vello Xosé o Gaivota ofrecueulle a posibilidade de escoitar as voces das misteriosas Illas Lobeiras e ver os paxaros que voan cara atrás. É o escollido para participar neste segredo, que só pode gardar unha persoa. Lino acompañou ao vello e observa marabillado as aves que voan cara atrás. Pasa o tempo e aparecen na prai unhas pegadas de ave con dúas letras, IL. Os rapaces non dan descuberto o misterio. Ata que un día de treboada, Lino ...


Xa non vos conto mais que senon perde o seu misterio.



Feito por Lucía.

Etiquetas: ,

A FREGONA


Estes días dóuseme por falar de inventos do noso país e hoxe vouvos falar da fregona (outro dos moitos inventos españois). Este utensilio foi inventado e fabricado por Manuel Jalón Corominas. Fíxoo coa intención de que as mulleres deixaran de ter problemas lumbares de estar limpando cos xeonllos apoiados no chan. Este bo home vivía en Zaragoza e traballaba de enxeñeiro e oficial do Exército do Aire. Non vos vou enroiar máis, un biquiño.
Non encontrei enlace.
Rosalía

Etiquetas: ,

11/01/09

O CHUPA CHUPS


Hoxe vou falar dos "Chupa Chups". Este curioso doce foi creado no 1958 por un español, como non, chamado Enric Bernat. En concreto é de Cataluña e pertence á compañía Perfetti Van Melle. O demáis xa o sabedes: está boísimó, hai de moitos sabores...
Pra min este é un dos mellores inventos españois, iso sí, non hai quen se aparte del.
Se queredes saber unha noticia sobre este doce premede aquí.
Rosalía

Etiquetas: ,

Fungos , ¿Velenosos ou comestibles?


¿ VOS QUE PENSADES ? :

Durante moito tempo considerabanse como vexetais ata que no ano 1969 pasaron a formar parte doutro reino.


Os fungos presentan un conxunto de caracteristicas propias , polo que se pode saber se son velenosos ou comestibles.



Os fungos alimentanse de materia orgánica morta , fungos sapofriticos , ou viva , fungos parasitarios.


Alguns fungos teñen as suas paredes ricas en "Glicosamina" e outros posuen proteinas.

Os fungos poden aparecer en calquer lugar : no chan , na auga , nos vexetais , nos animais , no home...etc.

Etiquetas: , ,

Encebolado Costeño

O Encebolado de peixe o encebolado de atún é unha de mis sopas favoritas; teñe un sabor DELICIOSO, é quente e refrescante á vez, pero a preparación é moi sinxela e fácil. O encebolado se pode comer para o ALMORZO, XANTAR E CEA, é como moitos outros pratos típicos ECUATORIANOS é perfecto para a resaca ( chuchaqui en Ecuador ) .

Hmm... porque sera que os ecuatorianos/as temos tantos pratos para recuperarse da resaca ?.

Epero que vos guste !!!

Mishell.




Etiquetas: ,