28/02/09

aniversario

Ola, nunca vos pasou que olvidas o aniversario dalguén importante, como o do teu pai, nai ou irmáns, ben, agora por favor, pon o o día do teu aqui debaixo xunto ao meu para que nunca se nos olvide, e se queredes poñer o dalgunha persoa mais poñédeo

Dario: 29 de Xaneiro
Miriam: 1 de Xaneiro
Nito: 16 de Xaneiro
Isabel: 15 de xunio
Sara: 7 de xaneiro
Mishell: 11 de agosto
Monica: 20 de novembro
Rosalía: 9 de novembro

Alejandro: 21 de novembro
Arlette e Cristin: 2 de marzo
Lucía: 5 de septembro
Alba: 14 de marzo
Iván: 27 de agosto

Etiquetas:

PECAS E LUNARES

Moitos de vós seguro que tendes pecas e lunares pero....
nunca vos pregutatedes , que é o que fai que aparezan ?

Pois aquí a resposta a vosa pregunta pero antes de nada direivos un segrediño que di moita xente :

O parecer as pecas simbolizan a simpatía , e os lunares o cariño .

QUE SON AS PECAS?
As pecas son unhas pequenas manchiñas que soen ser mais abundantes na xente de pelo claro e pel clara . Ao parecer veñen de xeración en xeración , e volvense oscuras se nos poñemos o Sol . Eliminanse soas grazas a que obedecen a un factor xenético .

Según dín , é bo que vaiamos a observalas a un especialista periódicamente , xa que o que a nós podenos parecer unha peca , o médico detecta melasmas , que són pequenas manchas oscuras que saen na cara .
Pero tamén para os que non esten a gusto cas suas pecas esisten os seguintes remedios naturais :
-Manteiga xa que as aclarea e ai que aplicala dous veces a semana durante 15 minutos.
-Unha culleirada de limón diluida nunha de auga .
-Os productos que conteñen vitamina C .
-Ou tamén auga osixenada ou vinagre , pero estes é mellor utilizalos pola noite coma se fose unha loción .
QUE SON OS LUNARES?


Pois aínda que a xente diga que simbolizan o cariño , tal vez se ledes isto podedes pensar o contrario , xa que son benignos e temos que ter moito coidado con eles , porque poden ser en vez de pequenos lunares , grandes melanomas da pel . Istos saen xa que a capa de ozono esta contaminada , o que fai que eses gases quedense na nosa pel queimandoa e ista o mesmo tempo xuntase formando esta perigosa enfermidade .
Trucos para saber se o que temos son lunares ou melanomas :
-Fixarnos se son marróns ou cor café , se son marróns tamos a falar dun lunar mentres que se son de cor café serán pequenos melanomas .
-Mirar se istos van medrando nese caso ir o noso médico urxentemente .
-Se o seu borde é regular ou irregular .
-Se non vamos o médico o mais probable é que o pouco tempo sintamos dor xa que isto arreglaríase cunha quimioterapia ou raditerapia se fose mais grave .
UN CONSELLO : VIXILADE A VOSA PEL SE VEDES ALGO QUE NON E NORMAL AVISADE OS VOSOS PAIS
miriam

Etiquetas: ,

26/02/09

26/02/09




Hoxe é día 26 de febreiro. Falando de febreiro, é o 57º día do ano ¿xa? Xa só quedan 308 días para finalizar o ano (quen nos dera que xa fose esa fecha). Tamén xa estamos no ano 2009, agora que entro neste tema, ¿sabiades que no 2000 xa terían que voar os coches? Se é que estamos atrasados na nosa era, que mal!!!!!


Pasemos deste tema, mañá iremos de excursión ao parque de Santa Margarita, por unha parte ben pero pola outra perderémonos galego e ir aos ordenadores (non é para ser pelota).

Rosalía

Etiquetas: , ,

O príncipe da brétema


Tarta dunha familia que se muda a unha casa no campo porque na cidade están en guerra. Ala, no campo o fillo mediano da familia coñece a un rapaz cuxo avó ten un segredo moi intereseante.
se o queredes ler pedidemo.


Jessica

Etiquetas: ,

Amar e outros verbos


Este libro encantoume,xa que expresa sentimentos, entre eles (tristeza, amor... etc). Eu os recomendo que o leades, os que non o leron claro, porque vos gustará.
O que mais me gustou foi o de navegar, e, ser pobre. Os vou poñer a primeira estrofa de cada un dos poemas.

NAVEGAR

De que está feito o mar?
O mar non é de auga nin sal
é de estrelas que queren brillar.

SER POBRE

Ser pobres non nos leva a nungures
porque todas as ruas son iguais
e todas as esquinas encartan o segredo
da soidade e o desprezo.




Espero que vos guste e repito lede este libro porfavor.


Un bico

Mónica

Etiquetas:

25/02/09

Pantaleón 2

Vou seguir contando o que se fai nunha comparsa.

20/02/09
O venres estivemos na Entronización do Momo, o Cantón Grande, onde oímos un discurso "gracioso" e despois unha cea con baile para as comparsas.

21/02/09
O sabado da praza de Ourense á praza de María Pita a Gran Cabalgata de Entroido o concurso de carrozas e concurso de comparsas, no que desfilamos .Despois na praza de María Pita fixeron un discurso "gracioso". Despois entregarón os premios, nós non conseguimos ningun pero conservamos o espiritu do carnaval, máis tarde actuou un grupo durante todo a noite.

22/02/09
O domingo tivemos o concurso infantil de disfraces na carpa dos Xardíns de Méndez Núñez.Coa actuación de "La Banda del Camión" que animaron o Depor cunha canción, mentres, nos tomamos un chocolate con churros.
Feliz carnaval 2009
Feito por Isabel

Etiquetas: , ,

Aparellos de gran uso


O ordenador


Sen darnos de conta podemos estar nel moito tempo. A media de tempo que pasa un estudante no ordenador é de 2 ou 3 horas, impresiona verdade? Esta máquina consta de varias partes: o monitor, o teclado, o ratón e o ordenador mesmo.


O televisor

O televisor é sen dúbida o aparello electrónico máis usado. A media de tempo que unha persoa ve o televisor ao día é de 4 ou 5 horas. Vosoutros diredes "Vaia parvada" pero é certo. Agora existen televisores máis avanzados, antes eran como a que aparece na fotografía. As súas partes son: O mando e a pantalla.

O teléfono
O teléfono é o aparello máis utilizado polas nais e fillas (fillos non). As nais cando se poñen a falar cunha amiga pásanse 1 ou 2 horas falando, eu non sei o que se teñen que contar, xa que falan todos os días. En canto as fillas, tamén o utilizamos bastante aínda que non con tanta frecuencia. Agora xa existen os móbiles que non o explico porque todos sabedes o que é. Solo consta dunha parte.
Se queredes saber máis sobre o ordenador, o televisor ou o teléfono premede nas imaxes.
Rosalía

Etiquetas: ,

24/02/09

entroido

Hoxe na "Calle de la Torre" haberá moitas couxas concurso de cantar , corcurso de disfraces , comparsas , etc.

Ademais o mellor e que haberá moita xente .
Eu vou case todo os anos e vou o escenario aparte diso que dan agasallos ata agora a mín deronme :
-Un estoxo
-Diñeiro
-Unha boneca (cando era pequena)
-Un neceser

Pero tamén pode ser que teñades tanta sorte coma unha amiga miña que lle deron :
-Un xogo de maletas
-Unha nintendo DS
-E moitas mais cousas pero xa non me recordo

Espero que volo pasedes o mellor posible e que estas pequenas vacacións as disfrutedes .

miriam

Etiquetas: , ,

23/02/09

vacacións


Que ben que xa estemos de vacación bueno vacación,vacacións non e pero da o mesemo


so quero decirvos que o disfrutedes moitoooooooooooo, como vou facer eu auque sera moi curto.

bicos:arlette

Etiquetas: ,

Vacacións


Hoxe vou falar destas vacacións. Xa sei que a todos se nos van a pasar voando pero heche o que hai. Estes días hainos que aproveitar para pasalo ben, aínda que tamén hai que estudar un pouco, o de sempre. Deséxovos unhas felices vacacións a todos. Bo entroido!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Rosalía

Etiquetas:

Intercambio cun inglès


Ewald é un neno de trece anos que non ten moi boas notas en inglés. A súa nai decide envialo a Inglaterra pero ante a negativa deste opta por traer a casa un neno inglés. Toda unha serie de casualidades fai que en lugar de Tom un neno encantador veña o seu irmán Jasper un neno problemático e difícil tanto que os seus pais están a desexar desfacerse del durante seis semanas. Os pais de Ewald non se atreven a enviar a Jesper de regreso á súa casa polo que deciden "soportalo". Aos poucos a integración do neno estranxeiro na convencional familia austriaca convértese nunha realidade. Despois desta gran experiencia Ewald decide escribir a modo de diario todo o ocorrido.



Alba

Etiquetas:

Eu, coma sempre


Hoxe vou falar do libro que estou lendo. Encantoume, aí vai o resume:
Trátase dun neno que lle chaman Tucho. Ao longo do libro vainos contando a súa vida. Ten un irmán co que sempre se pelexa, (xa non é o único). No libro veñen historias como que lle compran unha mascotiña, tamén nos conta as súas afeccións, que ten unha moza chamada Rosalía, coma min...
Vouvos dicir un serediño, ao final, hai un pequeno accidente, bueno, non tan pequeno.
Rosalía.

Etiquetas: