14/03/09

IMAXINA


E o mundo sera un só.
Por fin temos o video editado en youtube.
Gracias Carlos, sen ti non sería posible.
e da nosa supertradución ... que dicides?
Quedou tan ben que é para cantala todos os días.Pasámolo ben facéndoo e, sobre todo, cantando.... os do Alborada quedaron encantados.
Paz para todos e todas

Etiquetas: , ,

FELICIDADES !



Ben Alba, hoxe é o teu aniversário, xa son 13 añazos hehe. !
Che coñezo desde os 7 anos, xa son 5 anos ao teu lado, 5 anos de momentos innolvidables, con moitas risas, moitas discusións (que ao final acabouse solucionando), con lágrimas, con tardes xuntas no parque, con tardes na miña casa é eu na tua, con aquelas tardes nas rebaixas haha, con esas saídas no colexio que sempre íamos xuntas no autobús, con aqueles consexos que sempre me dabas é eu a tí tamén (espero que che sirveran :D ), con aquelas tardes na miña casa cando ías axudarme a estudar hehe ... enfín, foron moitos momentos que che prometo que nunca na miña vida vaiseme a olvidar.
Eu contoche todo porque sei que entí podo confiar, se que sempre guardarasme os segredos, e iso para min é moi importante !
Espero que neste día tan especial para tí, o pases moi ben.
Que sepas que na vida unha amiga como tí é moi dificil de conseguir, porque tí eres ÚNICA.
Adóroche Alba, podes confiar sempre en mín.
Aqui para o que tí queras guapa. !
SEMPRE XUNTAS, NON O DIXEMOS ? :)
Bueno Alba espero que che guste, non o fixen moi largo porque para tí non hay palabras.
QUÉROTE !
SEMPRE XUNTAS !!!

Etiquetas: ,

13/03/09

Atención

Vouvor pidir un favor. Poñede nos comentarios o nome das vosas minicitys porque non me acordo de todos e non os podo visitar. Por certo, o meu é Vila Ruíz, non vos olvidedes do til. Fixen outra do noso blog chamada 1º ESO.
Visitádeas porfa!!!!!

Rosalía

Etiquetas: ,

Día do pai


O día do pai celébrase o 19 de marzo, e que temos por costume regalárlle algo ao pai e darlle mimiños hehe. Cada país ten unha forma distinta de celebralo.
Eu non sei vos pero a min gústame moito este día (aparte de que facemos ponte hehe) pois é unha forma de decirlle ao meu pai que o quero moitísimo.
Ben e para rematar decirvos que o pasedes moi ben neste día e darlle moitos mimos ao voso pai...




Moni e Luci

Etiquetas: , ,

Mulleres: Amalia Méndez Fernández

Amalia Méndez Fernández

-Naceu en Marín , alí transcorre a súa vida ata que casa e vai vivir a Vigo , alí nacer os seus 3 primeiros fillos.

- No ano 1904 volve a Marín , alí faise empresaria , aí ten 5 fillos e parte dos 3 que xa tivera en Vigo e destes 5 morréronlle 2 .

-Despois de tantas desgrazas na sua familia como houbo na súa familia , pensa en abrir unha vella fabrica no que a partir de agora será un cine chamado :
"Cine Quiroga" en homenaxe a un señor o que a familia axudouno moito na sua vida económica .

- No ano 1940 como xa ela era bastante maior unha das fillas , a mais nova , seguiu a servizo deste .

Miriam e Mishell

Etiquetas: , , ,

Concepcion Arenal


Naceu no Ferrol, Galicia. Logo da morte do seu pai, a nai trasladou á familia a Madrid. Logo da morte da súa nai, en 1842, Concepción, para poder asistir a universidade tivo que vestirse de home.
Durante a súa carreira coñeceu ao home que logo sería o seu marido, Fernando García Carrasco. A parella tivo varios fillos. En 1857 Concepción Areal decide trasladarse a Oviedo.
Os setenta anos, decidiu cambiar a súa residencia , a Vigo onde, á idade de setenta e tres anos, faleceu.

Concepción Areal escribiu moito, en particular sobre temas xudiciais e sociais. Un dos aspectos máis caracteristicos de Concepción Areal é a súa consideración da muller como ser humano marxinado. Como escritora, Concepción Areal elixiu o xénero epistolar e o folletín. Concepción Areal non só abriu as portas ás mulleres á vida social e laboral, senón que se constituíu nunha experta en dereito penal e medicamento hospitalario a nivel internacional. Escribiu novelas, obras de teatro, zarzuelas e poesía.



Feito por:Alberto e Edu

Etiquetas: ,

Mulleres: María Josefa

O seu nome completo é María Josefa Wonenburger Planells. Naceu en Montrove o día 19 de xullo do 1927 na Coruña. Estudiou no instituto Eusebio da Guarda. No ano 1945 foi trasladada a Madrid na "Residencia de Señoritas". Tras a sua carreira en 1950 obtén o título de matemática na "Universidade Central de Madrid". Comezou cos seus primeiros contactos matemáticos, todos eles homes. No 1957 doctorouse na "Universidade de Yale". O que queremos destacar máis é que foi unha das mulleres máis importantes españolas matemáticas.

Vaia vida tan atareada a súa, non?

Se queredes coñecer máis a esta muller tan ataereada premede aquí.

Arlette e Rosalía.

Etiquetas: , ,

MULLERES:Olimpia Valencia López

(Baltar (Ourense), 1898- Vigo, 1987)
Era xinecóloga ourensá; a súa vida presenta un caso singular e significativo á vez da incorporación da muller ao eido académico e profesional no primeiro terzo do século XX en España, avance interrompido polo alzamento militar do 36.

No ano 1918 iniciou os seus estudos de medicina obtendo o grao de licenciada en medicina e ciruxía no ano 1925. Trasladouse entón a Madrid, onde se especializou en xinecoloxía.

En Febreiro de 1928 volve a Vigo, chegando a ser unha profesional de recoñecido prestixio na cidade, a pesardos atrancos iniciais que tivo que superar pola súa condición de muller.

Acusada de pertencer ao Partido Galeguista e de ter trato con xente de esquerdas, en Febreiro de 1937 foi detida e estivo presa catro días. Os anos seguintes foron de gran dureza: acusada de `roja´, moitas persoas deixaron de ir a súa consulta.

A guerra e o franquismo fixeron que esta muller vivise retirada e centrada na vida familiar e na súa profesión. Olimpia seguiu a traballar con máis de 80 anos na súa consulta particular. Foi recoñecida sempre pola súa elegancia persoal, discreción e calidade humana.


Jessica e Sara

Etiquetas: ,

Mulleres: Inés de Castro

Inés de Castro (Comarca de La Limia, Galicia, 1325-Coímbra, 7 de xaneiro de 1355). Noble galega, filla de Pedro Fernández de Castro e de Aldonza Lorenzo de Valladares. Foi irmá de Fermán Ruiz de Castro III Conde de Lemos. Inés foi amante do infante Pedro de Portugal (posteriormente rei Pedro I de Portugal).

Na vida de Inés de Castro hai dúas partes moi distintas: a lenda que transmitiu o seu nome é que de maneira póstuma foi declarada esposa de Pedro e polo tanto foi raíña de Portugal despois de morta. A historia real non a sabemos pero por iso poñemos este enlace para que o leades.


Moni e Luci

Etiquetas: ,

Mulleres : Rosalía de Castro

Rosalía de Castro de Murguía (Santiago de Compostela,24 de febreiro de 1837 - Padrón, 15 de xullo de 1885) é unha das mulleres escritoras galegas e unha das principais responsables do Rexurdimento galego decimonónico. O seu primeiro libro foi "Cantares Gallegos".Un dos poemas máis famosos é "Adios rios, adios fontes" que foi cantado por Amancio Prada.

Se queredes máis imformación premede aqui.
Feito por Isabel e Valentín.

Etiquetas: , , ,

MULLERES:DOLORES CENTENO E CARMEN PÉREZ


Dolores Centeno naceu en Bergantiños no ano 1892. Armadora nunha época na que o transporte marítimo era totalmente masculino. Tamén estivo no asteleiro de "As Telleiras" , na ría de Corme.









Carmen Pérez García naceu en Noia no 1902. Alí era coñecida como Carmen Barcía. Fíxose cargo da empresa familiar "Navales Barcía" onde traballou como armadora.
Feito por Alex e Ivan.

Etiquetas:

12/03/09

DJALMINHA


Djalminha de nome completo Djalma Feitosa Días.(Nacido en Brasil o 9 de decembro de 1970)E fillo de de Djalma Días,un dos mellores defensas de Brasil dos anos 70.Cando tiña 16 foi convocado para ir a selección Brasileña de veteranos, eclipsando a o mesmo Pelé.Fichou polo deportivo no ano 1997.Con el gañou a liga no 2000 e no 2002 a copa do rey ,tamen consiguiu 2 supercopas.No deportivo fixo o famoso regate que lle foxo ao Madrid , que levantou o balón por atras, a nos penaltis o famoso tiro panenka. En resumidas contas e un dos mellores futbolistas que pasou polo deportivo.(ainda era un pouco bullero).

feito por alex

Etiquetas: , ,

11/03/09

O Xornal de Galicia


Hoxe vou falar do Xornal de Galicia. Xa que falei da Voz de Galicia tamén terei que falar deste xornal. Éste non é moi antigo xa que se estreou o ano pasado. Nel podemos encontrar moitas clases de noticias, de todos os tipos e temas. Hai que dicir que hai moitas máis noticias en castelán que en galego. Votádelle unha ollada a ver se vos gusta.
Se queredes velo día a día no ordenador entrade nesta páxina.
Rosalía

Etiquetas: ,

09/03/09

Violencia de xénero

As mulleres somos supermulleres que todo o facemos polos homes e logo non recibimos nada. Está nas nosas mans e o podemos conseguir como o condeguiron moitas mulleres como Xoana de Arco, María Pita... Todas xuntas podemos. Todas temos a forza da palabra.

NON A VIOLENCIA DE XÉNERO, NON O
MACHISMO.

Malo
Soño imposible
Pensamentos

Feito por Isabel

Etiquetas: ,

O gratuíto 'ADN-LV' alcanza hoxe os 500 números



O xornal gratuíto 'LV. De Luns a Venres', do Grupo El Progreso, chega hoxe ao seu número 500 cunha maior presenza nas sete principais cidades galegas e cun incremento do número de lectores.
Fundado en decembro de 2006, o primeiro diario gratuíto galego e en galego apenas leva dous anos e tres meses no mercado e xa se converteu no segundo periódico da comunidade autónoma con maior tirada (50.000 exemplares), incluídos os medios de pago.
O xornal que agora alcanza o medio milleiro de números conta, ademais, con versión dixital (
http://lv.galiciae.com/).Esta páxina de internet é actualizada permanentemente e desde ela pódese descargar en formato PDF o xornal en papel .
'ADN-LV' é un diario concibido para un tipo de lector urbano e esixente que busca unha visión ampla da actualidade de forma concisa e directa. De toda a prensa gratuíta, é o que ofrece un maior número de noticias relacionadas con Galicia, o que explica a súa excelente acollida,

Etiquetas: ,

Un soño imposible...?


O Día Internacional da Muller Traballadora ou tamén Día Internacional da Muller celébrase o día 8 de marzo e está recollido polas Nacións Unidas. Neste día conmemórase a loita da muller pola súa participación, en pé da igualdade có home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.

Preme no título para saber máis

Etiquetas: ,

08/03/09

Celebrémolo cantando

Unha fermosa canción que fala da igualdade entre home e muller baseada no respecto, no esforzo compartido e na relación de parella na que os membros están ao mesmo nivel.

Etiquetas: , ,

Mulleres na historia de Galiza



Preme no título e poderás investigar sobre este tema

Etiquetas: ,

Investiga

Sabías que...?

– as mulleres cobren o 67% de horas de traballo do mundo,pero só gañan o 10% e son propietarias do 1%? (EL País)

– un tercio das familias de todo o mundo está a cargo de mulleres (PNUD) – as españolas dedican unha hora diaria ao coidado das súas criaturas, mentres que os españois, só 13 minutos (Instituto de la Mujer)

– os países que investiron en educación feminina benefícianse dunha maior productividade económica (BM)

– dentro de 474 anos haberá igualdade laboral entre homes e mulleres (Oficina Internacional do Traballo, OIT)

– cen millóns de nenas foron sometidas a mutilacións xenitais (PNUD)


– por cada ano de escolarización da muller, o seu índice de fertilidade descende entre un 5% e un 10% (ONU)


– un tercio das mulleres de Estados Unidos, Barbados, Países Baixos, Canadá Noruega e Nova Celandia sufriron malos tratos sexuais na infancia (PNUD)
– en Suecia, as vantaxes por maternidade inclúen 15 meses de baixa para a nai e 18 de ausencia para o pai (EL País)

– unha de cada seis mulleres sufriu unha violación na súa vida e cen millóns de nenas padecen mutilacións nos xenitais (ONU)

– «Non hai actualmente ningunha sociedade onde as mulleres dispoñan de iguais oportunidades que os homes (...) persiste unha disputa xeneralizada de desigualdade entre as mulleres e os homes en canto ao seu acceso á educación, á saúde e á nutrición, e aínda máis na súa participación nas esferas económica e política»(PNUD)

Etiquetas:

8 de Marzo

O 8 de marzo celébrase o cabodano da morte de 192 mulleres en Nova Iorque por defenderen os seus dereitos. Hoxe as reivindicacións non cesan: o mundo avanza pero non para as mulleres: ablación do clítoris, desigualdade laboral, desemprego, malos tratos por parte dos seus compañeiros, etc.
Procura nas ligazóns máis información sobre o tema da muller no mundo
Loita
Eva
Cine
Teatro
Ler
Traballadoras
Costureiras
2º Bac
Mulleres na historia de Galiza
1º ESO

Etiquetas:

AS COUSAS DO DIRECTO

Pois onte pasamolo moi ben .... ata cando empezamos a obra , pois as cousas do directo son así
que dicir mellor non contalo ....
Falo en nombre do grupo pa pedirlle perdón a Ricardo , que estabamos tan nerviosos que non puidemos soportalo e iso foi o resultado .
Pareceme moi xusto que se te quitasen as ganas de volver a facela .
Tamén darche as grazas por levarnos a o festival de Lugo .

ESPERAMOS NON VOLVER A FACELO E PEDIMOSCHE PERDÓN

Grupo de teatro PARROCHA

Etiquetas: