21/03/09

DEPORTES


Sabedes o bo que é ir a piscina ?
Pois onte fumos case toda a clase a piscina de Elviña
e non vexades o ben que o pasamos .
O que pasa é que xo deixan pasar os maiores de 13 anos e como a metade da xente tiña 12 , pois non os deixabn pero despois de insistir ..... nos deixaron e estivemos xogando e ríndonos todo o día
Bueno rapaces xa ai que ir pensando no próximo día ,
non credes?
Espero que vaiamos outra vez e que non sexa dentro de moito
bicos Miriam

Etiquetas: , ,

Canzón de cuna para Rosalía Castro, morta


¡Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Érguete, miña amada,
porque o vento muxe, coma unha vaca!
Os arados van e vén
dende Santiago a Belén.
Dende Belén a Santiago
un anxo ven en un barco.
Un barco de prata fina
que trai a door de Galicia.
Galicia deitada e queda
transida de tristes herbas.
Herbas que cobren teu leito
e a negra fonte dos teus cabelos.
Cabelos que van ao mar
onde as nubes teñen seu nidio pombal.

¡Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Érguete, miña amada,
porque o vento muxe, coma unha vaca!

Bonito poema dedicado a nosa gran poetisa Rosalía de Castro que xa non está con nos, sin duda neste día do poema hai que recordala.

Feito por Isabel

Etiquetas: ,

20/03/09

FELIZ DÍA ... PAPÁ ( 19 DE MARZO )



Como pasan os anos
dis cando me ves pasar
bótasme moitas flores
e a min me gusta a rabear
-Es a miña pequena
e eu dígoche que non son tal

-Orgullosa estou de ti
e da túa complicidade
canto me fas rir
cando queres alegrarme
aínda que quero ser maior
non quero que ti o sexas
si que teñas os anos
pero que non sexamos extranos
prométoche que cos teus anos
eu fareiche feliz
e rirás comigo
e así poderás dicir:

-Acordaste cando eras nena ?
como che gustaba bailar
bailabas a salsa , o merengue
e se te poñias , o vals
-Ai papiño ,vamos ,que teño que practicar....

miriam


Etiquetas:

Intercambio cun inglés

Alba falou deste libro pero eu vou dar outro punto de vista.Creo que che ensina moitas cousas a amizade, a non xuzgaras cousas pola aparenza, a vivir en grupo, a afrontar as cousas por díficil que sean. Iso é o que a min me ensinou e a ti tamen estas e outras cousas che pode ensinar así que a que esperas,
le o libro.
Isabel

Etiquetas: ,

19/03/09

bus

ISTO NON É BROMA É REAL ¡

O que estás a ver non é unha visión óptica... é verdade: o mellor instituto do mundo xa esta a túa disposición !
E ... aparte diso... estamos a facer un xardín botánico que está bastante ben ...
Se queres saber moitas máis cousas boas que se fan neste instituto , o único que tes que facer é... xa! agora mesmo ! vir e ...matricularte!!!

! NON ESPERES MAIS QUE O FUTURO XA CHEGOU ¡
MIRIAM


Etiquetas: ,

18/03/09

Bus


Eu tamén fixen un bus.

Rosalía

Etiquetas: ,

16/03/09

Ideas para celebrar o Día da Árbore

preme na imaxe

Usa papel reciclado e así evitarás que se corten árbores, que se realicen monocultivos e axudarás a aforrar enerxía e auga. Non esquezas levar o papel vello ao contedor azul!

Merca productos co selo FSC, isto é unha eco-etiqueta FSC que locen algúns productos e que indica que procede dunha explotación forestal ambientalmente apropiada, socialmente xusta e económicamente viábel.

Que as árbores non te impidan ver o monte, e as dunas, e as matogueiras…: as árbores son as especies típicas que se plantan neste día forestal, pero pensa que o bosque é un ecosistema máis dos moitos que temos na nosa terra (dunas, turbeiras, montañas, etc).

Evita as madeiras tropicais: a hora de mercar un moble evita as madeiras tropicais, moitas delas proceden da extracción ilegal, nas que ademáis de arrasar con bosques enteiros expulsan as poboacións indíxenas que dende fai centos de anos ocupan esas terras.

Reúsa madeira vella: a hora de facer traballos da horta ou no xardín emprega madeiras vellas ou usadas. As táboas dun palé usado ben poden empregarse para facer un pequeno valado ou un composteiro. Recorda que o “R” de reúsar é a seguinte en importancia logo do “R” de reducir.

Reivindica plantacións con árbores autóctonas.

Colabora na eliminación de especies invasoras: moitas especies alóctonas están a desprazar e invadir espazos de vexetación autóctona.

Etiquetas: ,

Os mortos van á présa

Tres parellas de tres xeración diferentes, varios relacións encontradas e un morto prematuro mestúranse sobre o pano de fondo dunha pequena vila mariñeira galega. Con este punto de partida, Ángel de la Cruz elaborou en 2001 o guión de Os mortos van á presa, que finalmente se estreou o venres 13 nos cines de todo o Estado.
Na trama, Irene, unha camioneira dunha empresa ao por maior, chega a vila de Fariño do Mar, coa intención de adquirir marisco. O seu camión queda atascado no medio dunha ponte, próximo á porta do camposanto, xusto o día que os veciños dan o último adeus a Cándido, vello mariñeiro e artista local.


Preme no título para acceder á páxina da película

Etiquetas: ,

15/03/09

O futbolín é un xogo baseado no fútbol inventado por Alexandre de Fisterra, un editor, inventor e poeta galego, que cando foi ferido na guerra civil española, internado nun hospital coñeceu moitos nenos feridos coma el, incapaces de xogar coa pelota, e foi daquela cando pensou a idea, inspirándose no tenis de mesa.

Le+

Etiquetas: , , ,

Carrapuchiña vermella en infografía

Día do pai

De que ven a idea de celebrar o día do pai?
A idea de celebrar o día do pai ocorriu no 1909, cando unha muller chamada Sonora Smart Dodd, de Washington, propuxo a idea de celebrar este día . Esta muller quería homenaxear o seu pai, quen era un veterano da Guerra Civil chamado Henry Jackson Smart, como nacera o 19 de Xunio, ela propuxo o día do seu cumpleanos como día do pai .A idea foi acollida por moitas personas hasta 1924 cando o presidente Calvin Coolidge apoiou a idea de establecer este día . En 1966 o presidente Lyndo Johnson firmou unha proclamación que o declaraba . As familias xuntanse e danlle regalos os pais como se fose un cariño e para representar o seu amor cara esta persoa .

miriam

Etiquetas: ,