San Andrés de Teixido


A lenda que nos contou un rapaz que vivía aló e a seguinte:
Cando san Andrés , san Pablo e san Pedro chegaron a cedeira como viron tantos precipicios non podían subir, daquela Xesucristo saíu de debaixo da auga e dixolles:
agarradevos a esas plantas .Eles agarraronse e subiron . Esas plantas eran herbas de namorar chamadas por eles claveles do mar xa que poden sobrevivir o salitre da auga . Anos mais tarde Andrés lebantou a igrexa en memoria de Xesús pola súa axuda .
Onte fun a San Andrés de Teixido , esta cerca de Cedeira , a paisaxe e moi bonita e espectacular . Cando chegamos o lugar baixamos cara o mar e oíamos a música dunha gaita e pandereta , era unha parexa de xovenes que estaban sentados nunha roca inspirados pola paisaxe e tocando , tocaban moi ben . Visitei unha igrexa era moi bonita tiña moitas velas , a xente deixa alo moitos amuletos: fotografías ,cousas de bebés ,velas en forma de partes do corpo, etc. o típico .
Recoméndovos se queredes comer en Cedeira comede nun mesón chamado "quilowatio" comeredes en abundancia e sen que o bolsillo vos quede sableado.
Cando chegamos non había moita xente pero o longo da tarde a aldea foi chegando moita xente e moitos rapaces xóvenes .
O souvenir que trouxen dalo foi unha plantiña que me regalou un rapaz , e díxome que pedira un desexo na igrexa e que ao chegar a casa a plantara . Tamén trouxen 2 botes de mel , un para a miña avoa e outro para mín .
Vín unhas rapazas que foron buscar as vacas o prado , cunha vara. Tamén un neno pequeno estaba montado nun cabalo co seu pai .
espero que vaiades!!!!
bicos miriam