29/05/09

iogures glotones


Unha serie de catro chamada El Hormiguero, serie que me gusta moito, unha vez fixo unha proba de quen mentía millor se os nenos ou as rapazas dándolle un iogur con sal, sen eles sabelo, tiñan que dicir unha cousa así como " yogures glotones, mmmm que ricos". Aqui vos deixo dous enlaces: nenos rapazas.

Eu creo sen dúbida que as rapazas. biikos Mónica

A por certo non me digades porque deuseme agora por poñer entradas porque non o sei nin eu.

Etiquetas: ,

A praia


Hoxe fixo moitísima calor, ou non?
Pois ben eu fun a praia coa miña nai, miña prima e o seu irmán pequeno, e cos meus irmáns e pasámolo moi ben. Bañeime un pouco e despois, a tomar o sol coa miña prima, sen antes tomar un heladito. E ademáis colleume un pouco o sol. Que sorte temos de ter unha praia ao lado cando outras cidades non.

biikos
Mónica

Etiquetas:

Ditos sobre o libro e a lectura

O xoves fumos de excursión á biblioteca Durán Loriga, alí estivemos aprendendo cousas sobre galicia e fixemos un xogo.
Ao final déronnos unha bolsiña que dentro viña un marca páxinas,cascarilla,que é como un tipo de infusión, un diploma e un libro.
Dese libro precisamente querovos falar eu.
Estiven lendo un pouco e hai un apartado que pon: Escolma de ditos sobre o libro e a lectura para reflexionar sobre a arte de ler, gozar e soñar cos mellores froitos da cultura.
Non me deu tempo de lelo todo pero lin un pouco e o que máis me gustou foi este:

Coas letras construímos palabras
Coas palabras construímos frases
Coas frases construímos libros
Cos libros podemos construír a liberdade
de: Alfonso Álvarez Cáccamo

No enlace que puxen podes ver algúns dos seus libros.

Propoño unha cousa, como todos tedes ese libro porque non que cada un poña un (o que el queira).

bikos e animádevos.

Mónica

Etiquetas:

Pegatinas


Ben, como xa sabedes, estes dias estivemos intercambiándonos pegatinas uns aos outros grazas a que os profes están de baixa ou faltan algúns dias.
É unha colección moi bonita porque as hai de distintas formas, tamaños... as hai de tela, normais, blandiñas, para resumir de moitas formas. Ata os nenos da clase teñen pegatinas.
Eu recoméndovos que as coleccionedes porque pasas un bo tempo cos/as teus/as amigos/as, ou non?


Hola Pepa, xa sei que estiven un tempo sen poñer cousas no blog pero sintóo moito.
Un bico

Mónica

Etiquetas:

Ramón Piñeiro

Naceu en Armena (Láncara, Lugo ) o 31 de maio de 1915 e finou en Santiago de Compostela o 27 de agosto de 1990.Foi un escritor , filósofo , ensaísta e político galego.

Con nove anos foi vivir a Lugo, máis tarde foi traballar a Sarria, en 1930. En 1931 asiste a un mitin que esperta nel o interese pola cultura e a política galegas.

En 1932, foi a Lugo para estudar o bacharelato, participou na fundación das mocidades do Partido Galeguista. Alí coñeceu a Ramón Otero Pedrayo.
En 1933 a outros persoeiros do galeguismo.

En 1934 participou nun mitin, en 1936, chega a ser elixido o secretario do comité provincial e loita na guerra civil.

Rematada a guerra comezou a estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago. No 1946 detibérono por participar no franquismo de Galicia. Ao saír do cárcere, establécese defendendo á loita cultural fronte á loita armada e política.
Dirixiu a editorial Galaxia e traballou nela ata 1966, no mesmo ano foi a Estados Unidos, en 1967 regresa.
En 1985 recibe a Medalla Castelao.
No 1990 morre en Santiago de Compostela


Un bico, Miriam, Alba e Mishell

Etiquetas: , ,

Ánimo Pepa


Estimada Pepa :
Queremos que que te recuperes rapidiño e que volvas á escola, que non nos fagas o exame, pasamolo moi ben xuntos coa tua susbtituta estamos aprendendo gramática aínda que xa perdemos tres días de clase...
Darío dalle moito a lata a Xulia.
BICOS, Sara e Jessica.

Etiquetas: ,

Brotes de Bambú


Os brotes de bambú: tratase do conxunto de brotes comestibles provenientes das partes mais novas das especies de plantas denominadas Bambú.
Empreganse como ingredientes en moitas cocinas asiáticas formando parte de diversos pratos e caldos.

Etiquetas:

FANTA CON POUCO MO MONTO

Este video un dos mellores anuncios de fanta espero que vos guste


Eduardo

Etiquetas:

Luxemburgo

Luxemburgo é un país moi pequeno, a súa capital sede de máis de 980 fondos de investimento e de 192 bancos, máis que ningunha outra cidade do mundo.

Deixovos esta marabillosa foto, espero que vos guste.

Etiquetas:

Hello Kitty









Hello Kitty foi creada o 1 de novembro de 1974. É un persoaxe ficticio moi querido polas nenas (e algúns nenos un pouco refinados). Ten unha serie, aínda que só 13 capítulos. Ten unha irmá xemelga chamada Mimmy.
Encontraredes un montón de cousas dela ata un avión.
Feito por Rosalía, Lucía, Mónica e Isabel.

Etiquetas: , , , ,

fingerboard


O fingerboard ou finger skate (dedopatin) e un xogo que comparte o mesmo estilo pero moito mais pequeno no qhe en vez de mañexarse cos pes manexase cos dedos os trucos son os mesmos .

O patin mide aproximadamente 7,5 cm os trucos son bastante dificil e o seu coste e de mais ou menos 8€ os dous trucos mais xinxelos son o ollie eo kickflip ahi os deixo duas ligazons unho para aprender e outro de unha exibicion
De Dario

Etiquetas: , ,

Ramón Piñeiro López


Ramón Piñeiro López é o homenaxeado dos día sdas letras Galegas do 2009 foi o tercier fillo deVicente Ferdandez e Salvador Piñeiro García , empregado municipal de Láncara. Con seis anos acode á escola e bate co castelan empregado polo seu mestre. Lembra así nas súas memorias,Con nove anos foi vivir a Lugo, onde estudou o bacharelato para regresar despois a Armea e máis tarde instalarse en Sarria en 1931 onde traballou como contable na ferraxería dun amigo do pai, Pedro Cortiñas. Ao pouco proclamouse a república e, no decurso da campaña electoral, Piñeiro asistiu nesta localidade a un mitin que deron xulio Siguenza, Lois Peña Novo e Ánxela Fole, e o que alí escoitou acordouo seu sentimento galeguista e o seu interese pola cultura e a política galegas.


Se queredes saber máis sobre a súa vida premade aqui
tamén vos deixo un vídeo

feito por Arlette

Etiquetas: , , , ,

1 on 1 soccer


1 on 1 soccer è un xogo de fùtbol con cabezóns. Os xogadores son caricaturas dos de verdade. Podes pisalo , saltarlle encima, etc... Como gústanos moito, queremos que o probedes, asi que aquí vos deixamos unha ligazón.

Etiquetas: , ,

Ramón Piñeiro

28/05/09

Historias de medo


As veces sintes medo ao ver arañas, serpes ou cousas así, pero haí outro medo. Este medo é coma un susto , aínda que non un susto normal coma o que che dan cando dormes, estas vendo unha película e estas clavado na pantalla, etc. Este susto é de agonia, e moitas veces case che da un infarto ou pola noite soñas con eso.


Aqui tedes historias de medo.






En canto encontre outro video poñereino, pero non teño tempo . Existe unha serie chamada "Entre fantasmas " onde contan historias de medo.



Feito por Isabel e Valentin.

Etiquetas: , , , ,

26/05/09

Os efectos da risa

O humor é unha ferramenta moi eficaz para comunicarse e para aprender . Sen embargo , o sentido do humor como estratexia educativa apenas se aproveita no contexto escolar, e especialmente menos nos niveis superiores. (menos en clase de galego)

En ocasións , as relacións que se establecen entre o profesor e o alumnado están cargadas de mal humor . Aínda que non é o máis adecuado para que se produza o aprendizaxe , as veces é inevitable.

O nivel de estrés e de ansiedade dispáranse tanto en docentes como en estudantes.

¿Que significa isto? ¿Que aunque as cousas váian mal temos que contar chistes? Pois non .
Ter sentido do humor significa responder con unha actitud positiva ante os retos que un se encontra no día a día xa sea o ambito personal , laboral , ou escolar.

O sentido do humor axuda a crear un ambiente máis relaxado e a ver o conflicto desde o outro punto de vista .

¿VALE A PENA QUE UN NENO APRENDA CHORANDO AQUELO QUE PODE APRENDER RINDO ?

A parte de todo isto rirse é bo xa que...

- Con cada gargallada póñense en movemento máis de 400 musculos , incluídos os do estómago que so se poñen en funcionamento desta forma .
-Entra o doble de aire nos nosos pulmóns
-Liberanse os sedantes naturais do cerebro , por iso cinco ou seis minutos de risa fan o mesmo efecto cos analxésicos.
-Revenecen a pel ao estirar e estimular os musculos da cara .
-As gargalladas xeneran unha sana fatiga que elimina o insomnio.
-Elimina o estrés
-Combate a depresión
-Actúa como alivio ante as situacións negativas
-A través da risa as persoas exteriotizan emocións e sentimentos .
-Axuda a entender os fracasos
-Facilita as relacións sociais.

Bicos, Miriam

Etiquetas:

Comunicado oficial para o alumnado de 1º A






















lida a mensaxe... preme aquí
e a traballar.... e non quero máis historias ....

Etiquetas:

Primavera anticipada

Xa que estamos a poñer cancións pensamos en poñer esta .


Un bico Miriam e Arlette



Esperamos que vos guste!!!!

Etiquetas: ,

Manchester United

O Manchester United é o mellor equipo inglés do momento. Ten un palmarés increíble:Nacionales : 18 Premier Leage , 11 Copas de Inglaterra , 17 Community Shield. Internaconales : 1 Intercontinental , 1 Copa mundial de la FIFA , 3 Copas de Europa , 1 Recopa , 1 Supercopa

Etiquetas: , ,

25/05/09

Videoclip

Os Jonas Brothers xa publicarón no seu myspace un novo videoclip da canción principal do seu novo disco , Paranoid ,que saíra a venda dentro de pouco. a canción a min encantame, bueno encantanme todas as dos Jonas, pero está resalta pola súa letra pegadiza e ritmos extranvolicos.

Disfrutade.



Paranoid-Jonas Brothers


Feito por Isabel , como non.

Etiquetas: , ,