29/05/09

1 on 1 soccer


1 on 1 soccer è un xogo de fùtbol con cabezóns. Os xogadores son caricaturas dos de verdade. Podes pisalo , saltarlle encima, etc... Como gústanos moito, queremos que o probedes, asi que aquí vos deixamos unha ligazón.

Etiquetas: , ,

26/05/09

Manchester United

O Manchester United é o mellor equipo inglés do momento. Ten un palmarés increíble:Nacionales : 18 Premier Leage , 11 Copas de Inglaterra , 17 Community Shield. Internaconales : 1 Intercontinental , 1 Copa mundial de la FIFA , 3 Copas de Europa , 1 Recopa , 1 Supercopa

Etiquetas: , ,

22/05/09

¡Gañamos!





Os do equipo de fútbol da nosa clase gañamos aos de 2ºA. Os membros do equipo eran: Alberto, Alexandre ( ou Fermín ) , Darío, Eduardo, Valentín, David ( de 1ºC ) e eu. A finais do curso, vannos dar unha medalla a cada un. Estamos moi contentos pola victoria. Incluso a profe de Naturais felicitounos.


De: Iván.

Etiquetas: ,

31/03/09

O ano que naceron Alberte e Iván

20/02/09

Rafael Nadal


Rafael Nadal Parera é o mellor tenista do mundo. Gañou catro veces o Roland Garros, unha vez Wimbledon, e unha vez o Open de Australia. Comezou a xogar á idade de 15 anos. Actualmente ten 22 anos e xa é o mellor. Se queres saber máis preme aquí.







Feito por Iván e Eduardo.

Etiquetas: , ,

pau gasol


Pau Gasol Saéz é un xogador da NBA. Xoga nos Ánxeles Lakers, despois de pasar case 7 anos nos Memphis Grizzlies. Ten unha estatura de 2.13 m e un peso de 114 kg na actualidade. Debutou na liga española no Barcelona, aos 17 anos. Se esta interesado preme aquí.



Feito por Iván.

Etiquetas: ,

13/02/09

Fernando Alonso

Fernando Alonso Díaz, piloto asturiano de Fórmula 1 foi Campión do Mundo nas tempadas 2005 e 2006, pero no 2007, o "súper piloto" Lewis Hamilton gañou o campionato "sen ningunha trampa". Corre no equipo Renault. Mira neste video as súas mellores saídas.

Etiquetas: , ,

Ping-pong


O tenis de mesa, tamen coñecido como ping-pong, é un deporte parecido ao tenis. Xógase cunha pelota e dúas ou catro pás. Hai que facer rebotar a pelota na mesa.
Se queredes saber máis premede aquí.



Feito por Eduardo e Ivan.

Etiquetas: , ,

08/02/09

A rosa


A rosa é a flor da roseira, arbusto da familia das rosáceas. É a flor máis cultivada do mundo. Falo dela porque regálase moito nestas festas polo do día dos "namorados". Así que se queredes regalar unha flor, regala unha rosa.

Etiquetas: ,

29/12/08

O dodo


O dodo era unha ave que non podía voar e medía aproximadamente un metro de altura e que pesaba entre 13 e 25 quilos. Vivía nas Illas Mauricio e alimentábase de froitos e cocos.

Se queres saber máis preme aquí, e se non queres, non premas.

Feito por Iván.

Etiquetas: , ,

27/12/08

O meu can, Laky


O meu can chámase Laky, pero moita xente confúndese e chámanlle Blaky. É un Cócker Spaniel Americano. É case todo de cor negra, pero no peito ten un pouquichiño de branco. É moi travieso e non para de moverse e brincar pola casa. Encántanlle as cenorias, as papa nun santiamén. Tamén gústalle ir xogar o parque cos outros cans. Na casa xoga cunha corda, el empuxa por un lado e eu polo outro. Aínda que as veces é moi pesado, devírtome moito con el.

Feito por Ivan.

Etiquetas: ,

Padre de familia


Padre de familia é unha serie de debuxos animados que botan na sexta. Foi creada por Seth MacFarlane para FOX no ano 1999. Cancelárona no ano 2000, e outra vez no 2002, pero volveu a emitirse no 2005. Os personaxes principais son Peter, Chris, Meg, Lois, Brian e Stewie. A min persoalmente o que máis me gusta é Stewie.

Se queres saber máis preme aquí ou no nome dos personaxes.

Felices festas.

Feito por Ivan.

Etiquetas: ,

25/12/08

Os icebergs

Un iceberg é unha illa de xeo procedente da fragmentación de xeo polar. Dun iceberg sobresae da auga só unha oitava parte do volume total do iceberg, por iso son un perigo para os mariñeiros, xa que poden ser enormes.

Se queres saber máis preme aquí.


Feito por Iván.

Etiquetas: , ,

20/12/08

Aurora boreal


A aurora boreal prodúcese cando unha exección de masa solar choca cos polos norte e sur da magnetosfera terrestre, producindo unha luz difusa pero predominante proxectada na ionosfera terrestre, composta de partículas protónicas que difunden a cor. A aurora boreal, nalgunhas ocasións, poden ser mortais. Se vedes algunha tede coidado.

Se queres saber máis preme aquí.


Feito por Ivan.

Etiquetas: , ,

12/12/08

A muralla de lugo


A muralla de Lugo mide máis de 2 km de lonxitude. Fíxose para separar e protexer á cidade de Lugo. Ten dez portas para comunicar os dous lados. A muralla é moi visitada por turistas de España e do resto de Europa. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2000. Eu fun a visitala nunha excursión do colexio, e recomendovos que a visitedes.
Se queredes saber máis premede no título.
Feito por Iván

Etiquetas: , ,

Fama a bailar!

Fama é un progama que nos gusta moito. Esta tempada ven pisando forte. O ano pasado bateu os récords de audencia, incluso superou o Tomate!(antes de que o cancelaran, claro) Vos recomendamos que o vexades. Bótano en catro ás 15:30.

A BAILAR!

http://es.youtube.com/watch?v=taOkWq0jxo0


Feito por Ivan e Alex

Etiquetas: , ,

06/12/08

Trece anos de Branca

Unha nena chamada Branca sofrre hepatite e está sempre na cama durante uns meses. Branca empeza a lembrar agradables recordos infantís, grazas a un álbum de fotografías. Tamén decátase de que vai deixar de ser unha nena e vai ser unha adolescente. Durante este proceso, Branca madurou moito como persoa.


Se queredes saber máis premede no título.


Feito por Iván.

Etiquetas:

28/11/08

mellores goles da historia

Deixamosvos cuns goles magnificos . Faranvos quedar coa boca aberta.

Disfrutade

Feito por Ivan e Alex

Se queredes ver o video premede no título da entrada

Etiquetas:

12/11/08

un dos animais mais raros do mundo



O blobfish un dos animais mais raros do mundo

Este estrano animal que habita nas augas de Australia e Tasmania é un dòs
animais mais raros do mundo pero non é moi coñecido xa que acostuma
a vivir en lugares case inaccesibles.A súa carne principalmente é
xelatinosa o seu corpo ten menor densidade que a auga grazas
a iso pode flotar e nadar na auga sen ningún esforzo .O blobfish
trágase todo o comestible que encontre por diante
xa poden ser plantas como peixes.
alexandre e ivan gonzález

Etiquetas: , ,

09/11/08

proba video Ivan

Etiquetas: