10/06/09

ATENCIÓN




O venres día 12 Rosalía e mais eu temos unha actuación de patinaxe. Sera no polideportivo e empezará sobre as 16:00 e rematará sobre as 18:00. Actuamos porque é a festa do Alborada e nos invitaron. Esperamos que veñades xa que é a nosa última actuacíon. Esperemos que saia moi ben e que lles guste a toda a xente.
 
Vinde por favor!!!!!! 

Etiquetas: , ,

29/05/09

fingerboard


O fingerboard ou finger skate (dedopatin) e un xogo que comparte o mesmo estilo pero moito mais pequeno no qhe en vez de mañexarse cos pes manexase cos dedos os trucos son os mesmos .

O patin mide aproximadamente 7,5 cm os trucos son bastante dificil e o seu coste e de mais ou menos 8€ os dous trucos mais xinxelos son o ollie eo kickflip ahi os deixo duas ligazons unho para aprender e outro de unha exibicion
De Dario

Etiquetas: , ,

26/05/09

Manchester United

O Manchester United é o mellor equipo inglés do momento. Ten un palmarés increíble:Nacionales : 18 Premier Leage , 11 Copas de Inglaterra , 17 Community Shield. Internaconales : 1 Intercontinental , 1 Copa mundial de la FIFA , 3 Copas de Europa , 1 Recopa , 1 Supercopa

Etiquetas: , ,

22/05/09

¡Gañamos!





Os do equipo de fútbol da nosa clase gañamos aos de 2ºA. Os membros do equipo eran: Alberto, Alexandre ( ou Fermín ) , Darío, Eduardo, Valentín, David ( de 1ºC ) e eu. A finais do curso, vannos dar unha medalla a cada un. Estamos moi contentos pola victoria. Incluso a profe de Naturais felicitounos.


De: Iván.

Etiquetas: ,

21/05/09

Exhibicións patinaxe

Ola, antes de dicir nada quérovos pidir disculpas, xa que fai moito tempo que non escribo (este trimertre estiven moi atarefada). Bueno, vouvos falar das exhibicións de patinaxe que imos ter Lucía e mais eu, xa que nos gustaría que nos viñerades a ver. As datas son o 26 deste mes e ao mellor este domingo, aínda non está confirmado. Aínda que xa nos vistes todos o día dos deportes pero... Bueno estas serán no palacio dos deportes, un bico a todos:

Rosalía

Etiquetas: , ,

13/05/09

ATENCIÓN!


Mañá, xoves 14 de maio de 2009, non vos esquezades de que Rosalía e mais eu temos unha actuación de patinaxe no polideportivo do instituto. É de 16:00 ata 18:00 mais ou menos. Tamén estaran outros grupos de patinaxe que son o Alborada (no que está o irmán pequeno de Moni, Santi) que é o anfitrión, o Salgado Torres e o Fernando la Torre. Recordade que tendes que ir todos porque vai a estar o profesor de inglés vixiando a ver quen vai. Esperemos que vos guste e que nos animedes moito.


Que nervios!


Etiquetas: , ,

05/05/09

PROTESTAMOS


Protestamos xa que se debe celebrar o día do deporte!!!!!!!!!
Entereime que malia a recollida das firmas só participarán os finalistas do fútbol. E os outros que?
Non é xusto, debemos facer deste día un moi especial.
Nós, coma sempre se fixo no instituto, as alumnas de patinaxe deberiamos facer unha exhibición, xa que levamos todo o ano ensaiando e queremos ensinarvos o noso baile. Pedímoslle a Gonzalo que é o que se encarga deste tema que nos deixe celebralo.
Escribide comentarios coa vosa protesta, porfa.
Rosalía

Etiquetas: , ,

21/03/09

DEPORTES


Sabedes o bo que é ir a piscina ?
Pois onte fumos case toda a clase a piscina de Elviña
e non vexades o ben que o pasamos .
O que pasa é que xo deixan pasar os maiores de 13 anos e como a metade da xente tiña 12 , pois non os deixabn pero despois de insistir ..... nos deixaron e estivemos xogando e ríndonos todo o día
Bueno rapaces xa ai que ir pensando no próximo día ,
non credes?
Espero que vaiamos outra vez e que non sexa dentro de moito
bicos Miriam

Etiquetas: , ,

15/03/09

O futbolín é un xogo baseado no fútbol inventado por Alexandre de Fisterra, un editor, inventor e poeta galego, que cando foi ferido na guerra civil española, internado nun hospital coñeceu moitos nenos feridos coma el, incapaces de xogar coa pelota, e foi daquela cando pensou a idea, inspirándose no tenis de mesa.

Le+

Etiquetas: , , ,

12/03/09

DJALMINHA


Djalminha de nome completo Djalma Feitosa Días.(Nacido en Brasil o 9 de decembro de 1970)E fillo de de Djalma Días,un dos mellores defensas de Brasil dos anos 70.Cando tiña 16 foi convocado para ir a selección Brasileña de veteranos, eclipsando a o mesmo Pelé.Fichou polo deportivo no ano 1997.Con el gañou a liga no 2000 e no 2002 a copa do rey ,tamen consiguiu 2 supercopas.No deportivo fixo o famoso regate que lle foxo ao Madrid , que levantou o balón por atras, a nos penaltis o famoso tiro panenka. En resumidas contas e un dos mellores futbolistas que pasou polo deportivo.(ainda era un pouco bullero).

feito por alex

Etiquetas: , ,

20/02/09

Rafael Nadal


Rafael Nadal Parera é o mellor tenista do mundo. Gañou catro veces o Roland Garros, unha vez Wimbledon, e unha vez o Open de Australia. Comezou a xogar á idade de 15 anos. Actualmente ten 22 anos e xa é o mellor. Se queres saber máis preme aquí.







Feito por Iván e Eduardo.

Etiquetas: , ,

pau gasol


Pau Gasol Saéz é un xogador da NBA. Xoga nos Ánxeles Lakers, despois de pasar case 7 anos nos Memphis Grizzlies. Ten unha estatura de 2.13 m e un peso de 114 kg na actualidade. Debutou na liga española no Barcelona, aos 17 anos. Se esta interesado preme aquí.



Feito por Iván.

Etiquetas: ,

15/02/09

Brigantium2002


Ben hoxe voy facer unha entradiña sobre o meu querido equipo de baloncesto.Xamase Brigantium2002 é e un dos mellores equipo do momento se queredes saber máis sobre nos premade aqui.Vouvos dar un concello se busquades un equipo de baloncesto non hace falta que sigades buscando porque brigantium e o equipo adecuado






Etiquetas: , ,

13/02/09

Fernando Alonso

Fernando Alonso Díaz, piloto asturiano de Fórmula 1 foi Campión do Mundo nas tempadas 2005 e 2006, pero no 2007, o "súper piloto" Lewis Hamilton gañou o campionato "sen ningunha trampa". Corre no equipo Renault. Mira neste video as súas mellores saídas.

Etiquetas: , ,

pin pong matrix



se premedes aqui podedes saber as regras para xogar

Etiquetas: , ,

Ping-pong


O tenis de mesa, tamen coñecido como ping-pong, é un deporte parecido ao tenis. Xógase cunha pelota e dúas ou catro pás. Hai que facer rebotar a pelota na mesa.
Se queredes saber máis premede aquí.



Feito por Eduardo e Ivan.

Etiquetas: , ,

30/12/08

A HISTORIA DE FERRARI

Foi fundada en 1929 por Enzo Ferrari como scudería Ferrari , construindo automóviles de competición e mais tarde en 1947 tamén pasou a fabricar coches deportivos.
É unha das mellores marcas do mundo do automóvil.O logo de Ferrari en un cabalo de cor negra levantándose sobre a súas patas traseiras.
Actualmente é a mellor marca de fórmula 1 xa que é a que maís campionatos ten.



feito por alex

Etiquetas: , ,

23/12/08

Patinaxe sobre xeo

A patinaxe sobre xeo é un deporte que se realiza sobre unha superficie de xeo natural ou artificial. Foi deporte Olimpico en 1908. Pode ser individual ou en parella. A pista de patinaxe máis grande do mundo mide 3.000 metros cadrados, nin máis nin menos, e atopase en México. Este deporte consiste en facer unha actuación con piruetas, acrobacias é xiros.

Saltos

Loop.É coma unha pirueta atrás.

Flip. O patinador se desliza hacía diante, balancea o pé para realizar un xiro de 180º, e pica o xeo pra impulsar o salto.

Xiros

Camel o Camelo. O patinador xira cunha perna perpendicular o solo.

Sit o pirueta baixa. Se baixa o corpo ata practicamente sentarse sobre o pé que xira.

Feito por Isabel

Etiquetas: ,

18/12/08

O facho dos xogos Olimpicos


O facho dos xogos Olimpicos acendese cada catro anos ,na cidade grega de Olimpia , simbolizando asi a evocacion do espirito olimpo da antiguidade . Para acendelo epregase un espello parabolico pue concentra os raios do sol e prende un carburante . O lume acendido e levado por postas de corredores ata o Estadio Olimpico da que organiza os Xogos Olimpicos.

Etiquetas: , ,

28/11/08

A PATINAXE NO INSTI


Hoxe imos falar da patinaxe no insti. Necesitamos a máis xente , antes de xaneiro se non non haberá competicións. Somos once e necesitamos a catro , por favor apuntádebos porque o pasamos xenial. A nosa profesora chámase Alba , é a mellor e patina xenial. As compañeiras son moi amables e ás veces tamén xogamos.E para finalizar , avisádelle a xente que poidades.GRAZAS

Para saber máis preme na foto.



Feito por Rosalía e Lucía

Etiquetas: , ,